| Inicio | Alcaldía | Novas | Perfil do Contratante | Areas Municipais | Organización Municipal | Zona Multimedia |
| Saúda do alcalde | \ Imprimir \ | Correo-e |
SAÚDO DO ALCALDE O 30 de abril de 2009 tiven a honra de sustituir na Alcaldía a José Manuel Cores Tourís, tralo seu merecido nomeamento como delegado territorial da Xunta en Pontevedra. Asumo esta gran responsabilidade coa ilusión do que inicia unha nova e esperanzadora etapa, e coa vocación de traballo de quen aspira a continuar o gran labor dos seus antecesores: Antonio Pillado, Santiago Tirado e José M. Cores Tourís, ata situar a Cambados nas maiores cotas de modernidade e prosperidade da súa historia.
Un municipio de interese turístico, como é o noso, precisa estar presente en Internet pola súa indiscutible capacidade para mellorar a interrelación entre os pobos e nacións do mundo actual. Os cambadeses merecen acceder coa máxima facilidade á súa administración máis próxima para coñecer de primeira man a actividade que desenvolvemos no Concello. Os usuarios da rede de redes tamén dispoñen dunha ferramenta esencial para coñecernos mellor sen saír dos seus fogares.
Debemos procurar que esta páxina aberta, que xa vai cumprir unha década, siga sendo útil no ámbito local e sirva como atraínte tarxeta de presentación para todas as persoas que queiran descubrir de preto as nosas excelencias como destino turístico, un destino ideal para os que aman o patrimonio histórico e a beleza das paraxes naturais. Esta web ofrece unha panorámica dos atractivos que adornan o noso municipio, visita obrigada para os viaxeiros que elixen Galicia para descansar ou revitalizarse.
O visitante poderá comprobar que Cambados é un museo de arte ó aire libre, polo seu monumental Conxunto Histórico, un dos máis fermosos de Galicia, situado no centro neurálxico do Val do Salnés e na beira da ría de Arousa. A decana Festa do Albariño, declarada de interese turístico nacional, xunto co patrimonio artístico que inclúe a praza de Fefiñáns, as románticas ruínas de Santa Mariña, o paseo da Calzada ou a torre de San Sadurniño, son os símbolos máis recoñecidos dentro e fora do noso país. Ademais deste inesquecible percorrido cultural e artístico, gustaríame convidalos a coñecer a faciana máis íntima de Cambados, ese aspecto que tanto gabou o noso poeta Ramón Cabanillas. Veñan a visitar este municipio aberto ó mar e ó agro, camiñen polas súas prazas, as súas rúas e parroquias, coñezan a súa xente tan emprendedora e sensible como hospitalaria e soñadora. Un saúdo cordial, Luis Aragunde Aragunde
|

Auditorio e Conservatorio da Xuventude 986531964Canceira Municipal 649919849Casa do Mar 986542241Centro Comarcal do Salnés 986526013Centro de Saúde 986424211Centro Sociocultural A Merced 986520008Concello de Cambados 986520902/43/51Confraría de Pescadores S. Antonio 986542056Correos e Telégrafos 986543647Escola Obradoiro 986520006Farmacia Cadarso 986542154Farmacia Martínez Lage 986542930 |

Auditorio e Conservatorio da Xuventude 986531964Canceira Municipal 649919849Casa do Mar 986542241Centro Comarcal do Salnés 986526013Centro de Saúde 986424211Centro Sociocultural A Merced 986520008Concello de Cambados 986520902/43/51Confraría de Pescadores S. Antonio 986542056Correos e Telégrafos 986543647Escola Obradoiro 986520006Farmacia Cadarso 986542154Farmacia Martínez Lage 986542930Farmacia Peña 986542135Farmacia Seoane 986524617Garda Civil 986542004Oficina de Turismo 986520786Parada de Taxis Centro de Saúde 986542288Parada de Taxis Avda. de Galicia 986542434Parroquia de Santa Mariña 986542282Pavillón Municipal San Tomé 986542945Pavillón Municipal O Pombal 986520910Piscina Municipal 986542689Policía Local 986524092Protección Civil 986524950Rede de Museos do Concello de Cambados 986526119Rexistro Civil 986524656Rexistro da Propiedade 986542041Xulgado Nº1 886206049Xulgado Nº2 886206055Xulgado Nº3 886206062Xulgado Nº4 886206081 |