Xeografías Contemporáneas, exposición do CGAC no pazo de Torrado PDF Imprimir Correo-e
Luns, 26 Xullo 2010 21:15

 

O conselleiro de Cultura ábrea mañá ó público, ás 20 horas,

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, xunto co alcalde, Luis Aragunde, e altos cargos da Deputación provincial, inaugura mañá (20 horas, pazo Torrado) a exposición Xeografías Contemporáneas, integrada por obras da Colección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A comisaria da mostra é Christina Ferreira Andrade e o coordinador José Vaamonde.

O propósito desta exposición consiste en salientar unha xeografía contemporánea, determinada primeiro polos propios artistas cuxo punto de partida xeográfico é Galicia, artistas galegos ou  afincados nesta comunidade os cales, na súa meirande parte, percorreron outras xeografías aportando á sua obra unha bagaxe que a enriquece e a reafirma no ámbito artístico contemporáneo internacional.

Estas xeografías onde os pensamentos, puntos de vista, implicacións, emocións,  experiencias, configuran unha cultura artística que busca por sí mesma desvelar ese lugar silenciado que é a nosa xeografía interior para darlle un corpo co que poida revelarse.

Esta magnífica mostra de artistas contemporáneos presenta obras de Virgilio Vieitez, Francisco Leiro, Berta Cáccamo, Manolo Paz, Álvaro Negro, Carlos Maciá, Silverio Rivas, Vati Caramés, Xoán Anleo e Mónica Alonso, entre outros.

 
concellos