Os oficios relacionados co viño protagonizan o curso de verán da UNED PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Xullo 2010 12:21

Alcalde e secretaria da UNED inauguraron o noveno curso

O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, xunto coa secretaria  da UNED en Pontevedra, Ana Vázquez Reboredo, a coordinadora de cursos, María José Manzanares, e a directora dos museos cambadeses, Rocío Acha, inauguraron esta mañá o curso “Os Oficios do Viño”. O seu obxectivo é a posta en valor dos oficios e tradicións que arredor do viño e ó seu medio, estiveron ligados co home dende os albores da humanidade.

O alcalde agradeceu que se manteña a implicación da dirección da UNED en Pontevedra, que propicia a continuidade desta colaboración en materia lectiva, a cal alcanza a súa novena edición e que conta con 50 alumnos inscritos. Tamén expresou o seu dexexo de éxito a unha iniciativa que impulsamos dende Cambados onde nos sentimos orgullosos de ser a Capital do Albariño. A secretaria da UNED tamén agradeceu o esforzo organizativo realizado polo Concello e polas codirectoras do curso, ademais da participación de profesores moi cualificados que elevan o nivel do curso.

A lección inaugural correspondeu a Ana María Rivera Medina, profesora da UNED Madrid, quen disertou sobre “Los Vinos, los trabajos y los días”. Ás 13 horas tivo que ser sustituido por razóns de saúde o profesor da Universidade de Vigo, José Antonio Hidalgo, que ía falar sobre os oficios tradicionais vencellados ó ciclo da vide”.

Nesta edición dase unha novidade salientable, posto que se alternan as clases teóricas coas visitas guiadas a bodegas e a talleres de artesáns, como se fará mañá co desprazamento a Covas (Meaño) onde un augardenteiro explicará ós cursillistas os secretos do seu oficio ó tempo que realizará unha potada dedicada específicamente ó curso da UNED.
(Os medios desexen acudir a esta actividade deben estar ás 11,30 no Museo do Viño para desprazarse a Covas).

Esta é a vixésima edición dos cursos de verán da UNED e a novena consecutiva en Cambados, que consolida á Vila do Albariño como sede estival da educación universitaria a distancia, froito da permanente colaboración co Concello.  

O curso –de libre acceso e gratuito- consta de tres xornadas lectivas, 6, 7 e 8 de xullo, nas vésperas da Festa do Albariño. Os alumnos universitarios que acudan a esta cita recibirán dous créditos de libre designación.
 
concellos