Cincuenta persoas rematan o curso da ximnasia para maiores do Pombal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Xuño 2010 18:06

 
O Concello reinicia a vindeira semana esta actividade

Esta mañá rematou no pavillón municipal de deportes do Pombal a temporada de ximnasia de mantemento para maiores de 45 anos que se veu desenvolvendo en dous grupos de vintecinco persoas (na súa maioría mulleres) dende o outono. O primeiro tenente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo, visitou as instalacións para charlar durante uns minutos coas participantes nesta actividade que se amosaron moi satisfeitas co traballo físico realizado durante os últimos meses.

Unha vez rematada a derradeira clase, impartida por un monitor deportivo do complexo do Pombal, os participantes compartiron un viño de confraternidade nun céntrico restaurante para celebrar o remate do curso. O tenente de alcalde informoulles que o vindeiro martes vai principiar unha nova campaña de verán das actividades ximnásticas e deportivas que se celebrarán ó aire libre, no parque boisaudable de Torrado, ou ben no mesmo pavillón do Pombal cando o clima así o aconselle.

Todas as persoas que interveñen nestas campañas amosaron a súa satisfacción pola continuidade da ximnasia e xa anunciaron a súa intención de inscribirse. Esta actividade iniciouse hai tres anos no parque de Torrado durante o verán, pero ante a demanda dos numerosos participantes, acorcouse seguir realizándoa durante os invernos.

As clases do verán tamén están destinadas a persoas maiores de 45 anos, con prazas limitadas, e os horarios, irán de 10 a 12 horas do mediodía, os martes e os xoves, de xullo e agosto.
 
concellos