|
Pepe Carreiro prepara a edición da serie “Os Bolechas visitan Cambados”. |
|
|
|
|
Venres, 26 Febreiro 2010 21:52 |
|

O alcalde de Cambados Luis Aragunde, recibiu ás 12 desta mañá a Pepe Carreiro autor dos Bolechas. O motivo da visita deste debuxante e artista é que o Concello vai editar unha tirada do libro gráfico e literario xa que en palabras do alcalde “o entendemos coma un fenómeno editorial e social entre os máis cativos, e como non podería ser doutro xeito os Bolechas estarán en Cambados de visita”
Dentro da serie titulada os Bolechas van de Viaxe, a idea e que en breve saia unha edición titulada “Os Bolechas en Cambados”. A intención e que tódolos nen@s de Cambados tanto das parroquias coma do centro poidan sentirse identificados co libro e identificar o lugar no que viven. Por outra banda este libriño tamén pode ser considerado coma unha pequena guía turística infantil xa que os entrañables persoaxes van a visitar os monumentos mais significativos tanto do centro coma das parroquias. Os lugares máis salientables a percorrer polos Bolechas serían na parroquia de Castrelo a praia das Saíñas e as rutas ecolóxicas. Na parroquia de Corvillón visitarán o Muíño da Seca, en Vilariño visitarán o castro de Sete Pias e en Oubiña os sarcófagos antropomorfos na igrexa de San Vicente. Polo que respecta ó centro de Cambados, os simpáticos persoaxes visitarían a Praza de Fefiñáns, as Ruínas de Santa Mariña e a vila mariñeira de San Tomé coa Torre de San Sadurniño. Asímesmo, tamén degustarán algún dos productos tradicionais de Cambados coma son as vieiras e que o autor reflexou nunha das demostracións feitas na rolda de prensa de hoxe. O número de exemplares que se fará será entre dous e tres mil exemplares que serán distribuídos entre os máis cativos do Concello nas franxas de idade entre os 3 e os 10 anos. Pepe Carreiro, debuxante a autor dos personaxes, pola súa banda reseñou que está recompilando toda a información necesaria dos diferentes lugares de Cambados para facer o guión da serie “Os Bolechas visitan Cambados”. O autor fixo un percorrido pola entrañable familia que acaba de cumprir os 10 anos, e que está composta por seis irmáns e un can ademais doutros membros da familia. Como en todas as historias da serie as personaxes serán convidados por un amigo que teñen en Cambados, e a trama, que aínda que non está confirmada, versará sobre algunha das lendas e lugares da Vila.
Con xa máis de 50 títulos editados da serie “Os Bolechas van de viaxe”, a publicación irá orientada os máis cativos desde os que interpretan as historias a través das ilustracións, os que comezan a ler ou os que xa leen por si mesmos. O libro terá 32 páxinas e o autor calcula que nun par de meses podería estar a tirada de “Os bolechas visitan Cambados”.
|