Remata a reurbanización con novas beirarrúas e alumeado na rúa Valle Inclán PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Xaneiro 2010 21:07

A Mellora de servizos urbanísticos na rúa Valle Inclán vén de rematar e súmase deste xeito as outras obras previstas para renovar as vías urbanas de Cambados durante o pasado ano 2009.  O gasto nesta vía urbana ascendeu a 76.104 dos que o Concello aportou un 30 por cento e a consellería de Industria o restante 70 por cento.

O alcalde, Luis Aragunde, visitou esta tarde a rúa restaurada e humanizada para supervisar os traballos realizados, que consistiron na renovación de pavimento das beirarrúas e ampliación das mesmas ata o cuartel da Garda Civil; instalación de nova iluminación pública e renovación de pavimento da calzada, ademais da revisión de redes de saneamento e abastecemento de auga.

Os labores desta reurbanización son moi semellantes os que se levaron a cabo nas rúas Albariño, Castelao, Vicente Risco, Pardo Bazán, Narciso Pérez e avenida de Vilariño, renovadas con cargo ó Plan Estatal de Inversión Local, que se executaron durante os últimos meses.

O Concello aplicou na execución destes proxectos a coordinación entre as distintas empresas cara a instalación das súas canalizacións ou tendidos durante o periodo de realización dos traballos. Con esta medida as firmas implicadas, ou mesmo algún residente, aproveitaron as obras para situar novas acometidas.

O Concello quere ir consolidando un plan de coordinación dos servizos e aplicar, como criterio xeral, a instalación conxunta de tendidos e canalizacións. Deste xeito, o goberno municipal procura evitar as frecuentes molestias que as obras causan ós cidadáns no seu libre tránsito, a pé ou en vehículo, polas rúas da vila.
 
concellos