
| Inicio | Alcaldía | Novas | Perfil do Contratante | Areas Municipais | Organización Municipal | Zona Multimedia |
| Cambados aposta por mellorar instalacións e servizos municipais na segunda fase do Plan E |
|
|
|
| Mércores, 27 Xaneiro 2010 18:02 |
![]() O goberno municipal vai solicitar un total de nove actuacións, en materia de medio ambiente, instalacións municipais e servizos sociais, para que se realicen no marco do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local (FEELS), que se vai desenvolver en zonas urbanas e rurais do municipio. A Cambados correspóndelle un financiamento de 1.472.423 euros, atendendo á súa poboación, e o Concello vai presentar a correspondente solicitude ante o Ministerio de Administracións Públicas. As principais apostas do Concello céntranse na rehabilitación e mellora de varias instalacións culturais, sociais e deportivas municipais, extensión do saneamento medioambiental, impulso das actividades culturais da terceira idade ou de persoas en situación de dependencia, así como un proxecto de novas tecnoloxías. A construcción, rehabilitación e mellora de centros de servizos deportivos no complexo do Pombal é o proxecto máis costoso cun presuposto aproximado de 232.000 euros. As actuacións previstas inclúen a adecuación interior e exterior da base de actividades náuticas; grada cuberta no estadio de atletismo, así como a ampliación do sistema de evacuación de pluviais na cuberta do pavillón deportivo. A rehabilitación e mellora dos centros de servizos sociais e culturais consiste na dotación de climatización no auditorio da Xuventude, así como rehabilitación con mellora da instalación eléctrica, mellora do aislamento en parte da carpintería, mellora da evacuación de pluviais na cuberta, adecuación interior de acabados, e mellora e reposición de elementos da calefacción. A rehabilitación e mellora de centros de servizos deportivos (Cambados e Burgáns) e actuacións no punto limpo é unha intervención que vai servir para rehabilitar os vestiarios do Pombal e Burgáns, así como axeitar o acceso ó punto limpo con rehabilitación e mellora da edificación. O proxecto da creación de biblioteca infantil na horta dos Fraga e dotación de sistema de aire acondicionado prevé a construcción dun novo local específico para acoller a biblioteca infantil, dotándoa de climatización. Para a rehabilitación e mellora de centros de servizos deportivos e culturais en Castrelo cóntase con efectuar a adecuación interior e exterior do centro sociocultural da parroquia; rehabilitación dos vestiarios do campo de fútbol con cambio da cuberta, así como a construcción de vestiario e instalación de alumeado no pavillón do colexio público. No apartado dos servizos sociais, o goberno municipal quere destinar unha cifra significativa a impulsar actividades de animación e participación cultural con persoas con discapacidade e colectivos da terceira idade ou en situación de dependencia. Esto conlevará actividades de teatro, animación e outras no asilo de ancianos de San Tomé, asociacións da terceira idade, Esperanza Salnés, etc. A aposta polas novas tecnoloxías céntrase no proxecto de modernización e informática local para implantación da administración electrónica. O investimento permitirá adquirir equipos informáticos e servidor; mellora e ampliación da rede informática, e pre-instalación para servizos de administración electrónica, entre outras. No que respecta as actuacións medioambientais inclúense a instalación de colectores de augas residuais nas parroquias de Castrelo e Vilariño, así como novas redes de sumidoiros en Corvillón e Oubiña. Dende o Concello búscase realizar un reparto equilibrado entre as distintas parroquias, sen esquecerse de favorecer a asistencia ós colectivos máis desfavorecidos, beneficiar a todos cantos participan en actividades culturais e deportivas, ademais de potenciar a implantación de novas tecnologías. |