
| Inicio | Alcaldía | Novas | Perfil do Contratante | Areas Municipais | Organización Municipal | Zona Multimedia |
| Cambados presentou en Fitur a LVIII edición da Festa do Albariño |
|
|
|
| Venres, 22 Xaneiro 2010 14:32 |
![]() O alcalde, Luis Aragunde, presentou na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra en Madrid, a 58 edición da Festa do Albariño, xunto coa novena Exaltación da Vieira. Este acto contou coa presencia do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, do presidente da Deputación, Rafael Louzán, vicepresidente José Juan Durán, e do patrón maior da Confraría San Antonio, Benito González, entre outras autoridades. Tamén asistiron touroperadores e axentes de viaxe, xunto con profesionais do sector e xornalistas especializados en turismo. O rexedor cambadés pronunciou un sucinto discurso repasando claves históricas da Festa Albariñense e explicando algúns dos eventos que se van celebrar durante as datas da semana grande, dende o 28 de xullo ata o 1 de agosto. Xunto co patrón maior, loubou a calidade da vieira e explicou as circunstancias difíciles polas que atravesaba o sector en 2002 e que deron lugar á posta en marcha da Exaltación da Vieira, co respaldo da consellería de Pesca. Ademais dos carteis e do material promocional das dúas celebracións e de Cambados, que se distribuiron entre os profesionais do sector turístico asistentes, celebrouse unha degustación de viño albariño, aportado por diferentes adegas cambadesas e vieira de Tragove, único porto autorizado para comercializar este molusco. |