Concellos Saudables PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Xuño 2009 17:56

 

 


 

 

 

Concellos  saudables é un programa destinado a incrementar a calidade de vida da poboación adoptando hábitos saudables e estilos de vida correctos, que melloren e protexan a súa saúde. Pretendese establecer mecanismos de prevención para poder disminuir os riscos de padecer  as enfermedades crónicas mais comuns como son a diabetes, as enfermedades cardovasculares, a hipertensión, a obesisde, etc.

O programa está dirixido ao conxunto da poboación, dende os escolares ata os adultos ou a terceira idade, atendendo incluso aos colectivo específicos, como as mulleres embarazadas e en periodo lactante, etc.

A unidade de Concellos saudables abrangue tres áreas de actuación: unha relacionada coa promoción da actividade física frecuente para a mellora da saúde; outra para a promoción dunha alimentación equilibrada; e unha terceira sobre a promoción da vida sen tabaco, alcol e outras drogas.

Mais información sobre as actividades da unidade de Concellos saudables do Concello de Cambados na web:

 http://www.concellossaudables.com/

 
concellos