No mes de xullo poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “CAMBADOS REXENERACIÓN URBANA E MEDIO AMBIENTE”, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar,  con dous módulos formativos. Canteria e Xardineria-Forestal.

 

Esta previsto para leva a cabo o proxecto formativo a contración do seguinte persoal, por o periodo de duración do proxecto ( 6 meses )

 

1 DIRECTOR

2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos

1 TITOR

1 ADMINISTRATIVO

10 ALUMNO-TRABALLADOR XARDINERIA-FORESTAL

10 ALUMNO-TRABALLADOR CANTERIA

 

O Concello para cubrir os referidos postos, vai presentar Oferta de Traballo,  na Oficina de Emprego de Cambados. Os requisitos esixidos para a selección do referido persoal , estan establecidos no Convenio asinado entre a Consellería de Traballo e Benistar  e o Concello e nas Bases Reguladoras e que se expondrán tanto no taboleiro de anuncios do Concello na Casa Consistorial e na páxina web, e tamén na Oficina de Emprego de Cambados

 

Para máis información poderán acudir ó Departamento de Persoal no Concello,no edificio Administrativo da Rúa Ourense 1ª planta.