A denominación Capital do Albariño, reflicte que Cambados estivo ligado desde sempre a este exquisito caldo e así queda patente nas súas rúas onde a cultura do viño é notoria. O municipio conta con 21 adegas pertencentes á denominación de orixe Rías Baixas, numerosas vinotecas, unha estatua de Baco, deus do viño na mitoloxía romana, así como un museo dedicado exclusivamente a este tema e, como non, a Festa do Albariño convertida na máis importante de España para honrar a un viño, e declarada de Interese Turístico Nacional.

Cambados conta cun itinerario propio de adegas, viñedos, salas de cata e infraestrutura en xeral que, xunto co conxunto histórico, fan deste municipio unha das zonas vitivinícolas máis importantes de España.

A ruta de adegas de Cambados esténdese por unha superficie de 23,5 quilómetros cadrados, dos que seis atópanse no centro urbano e pódense percorrer a pé, mentres que o resto están nos arredores, sendo aconsellable para visitalas o uso de vehículo.

Nesta ruta ponse a disposición do público 21 adegas debidamente sinalizadas mediante a indicación Ruta do Viño, con servizos de atención ao público, visitas comentadas, catas e venda de produtos. Para estas visitas recoméndase solicitar cita previa.