Por medio da presente infórmase que se procederá á licitación do contrato menor das obras de “CONSOLIDACIÓN DE TALUDES NA CANCEIRA MUNICIPAL”, formulándose invitación de conformidade co establecido no artigo 138.8 do TRLCSP ás empresas seguintes:

- COVSA.

- CCS, S.L.

- Fontefría, S.L.

- Marconsa, S.L.

- Excavaciones y Construcciones Pérez, S.L.


Tódalas empresas interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, ademáis das invitadas, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 5 de MAIO de 2017 (venres),en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866.

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

Modalidade A:

1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

Modalidade B:

1º.- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.

2º.- Certificación de atoparse inscrito no Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia, no caso de atoparse inscritos.

3º.- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

4º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en prohibicións de contratar (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

5º.- Declaración xurada de que a empresa dispón dos medios suficientes para levar a cabo o obxecto do contrato.

6º.- Declaración de empresas vinculadas.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

 ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DA OBRA:

Segundo o importe sinalado na memoria valorada redactada polo Técnico Municipal, ascende á cantidade de 9.430,75 €, de IVE 1.980,46 €, totalizando un importe de 11.411,21 €.

FINANCIAMENTO.

O presente contrato financiarase con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2016), para a execución das obras de “CONSOLIDACIÓN DE TALUDES NA CANCEIRA MUNICIPAL”, sendo financiada integramente pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZO DO CONTRATO.

2 MESES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE

Os gastos do cartel de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan Concellos.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

O único criterio será o menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

O prazo de de presentación de solicitudes e a documentación a presentar fixarase na invitación que se curse ao efecto.

En Cambados, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

***************

 

Arquivos adxuntosEnlaces