PUBLICADO ANUNCIO BOPPO 19-XULLO-2017.

Finaliza prazo presentación ofertas 3-AGOSTO-2017

 

1.- Entidade Adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención de información:

a)    Organismo: Concello de Cambados.

b)    Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c)    Obtención de documentación e información:

1)    Dependencia: Secretaría Xeral.

2)    Domicilio: Praza do Concello 1, (36360 Cambados)

3)    Teléfono: 986520943 . Fax: 986524866

4)      Correo electrónico: secretaria@cambados.es

5)    Perfil do contratante: www.cambados.gal Taboleiro de anuncios.

6)    Data límite de documentación e información: 15 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP.

d)    Número de expediente: 2573/2017

2.- Obxecto do contrato:

a)    Tipo: Concesión demanial.

b)    Descrición: Explotación de quiosco na Praza de Fefiñáns.

c)    Prazo: 4 anos.

d)    Admisión de prórroga: non

3.- Tramitación e procedemento:

a)    Tramitación: Ordinaria

b)    Procedemento: Aberto

c)    Criterios de adxudicación: Canon ofertado máis alto

4.- Orzamento base de licitación:

a)    Canon mínimo: 500,00 euros anuais

5.- Garantías esixidas. Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación.

6.- Requisitos específicos do contratista:

a)    Solvencia económica e financeira: Acreditarase mediante calquera dos medios indicados no artigo 75.1 do Real Decreto Lexislativo 3/011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

b)    Solvencia técnica. Acreditarase cunha declaración de medios materiais e técnicos que vaia a contar para desenvolver a actividade.

7.- Presentación de ofertas:

a)    Data límite de presentación: 15 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP

b)    Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Cambados

c)    Admisión de variantes: non

d)    Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 1 mes

8.- Apertura de ofertas: aos 5 días hábiles seguintes ao do remate de presentación de ofertas.

a)    Lugar Salón de Plenos do Concello de Cambados.

b)    Hora: Ás 13:00 horas.

9.- Gastos de publicidade: A conta do adxudicatario ata o limite de 200,00 euros.

10.- Outras informacións: Os interesados poderán inspeccionar o local previa petición.

En Cambados, 6 de xullo de 2017. A Alcaldesa. Dª Fátima Abal Roma.

Enlaces

En atención ao previsto na cláusula 2.8 e os artigos 152.3 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público e 55 da Directiva 2004/18/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 31 de marzo de 2004, sobre coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de subministro e servizos a mesa de contratación ACORDA por unanimidade conceder as empresas COVSA, NEXIA INFRAESTRUCTURAS S.L.U. E NEMESIO ORDOÑEZ, S.L. (expediente contraditorio) trámite de audiencia por prazo de 10 días hábiles (artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) para que xustifiquen a valoración da oferta e precisen as condicións da mesma que permitan á mesa de contratación, previo informe técnico, acordar se a proposta pode ser cumprida.

Servizo de Contratación. Cambados, 17 de xullo de 2017.

Enlaces

No enlace que se xunta, únese Acta da Mesa de Contratación, celebrada no día de hoxe, 14 de xullo de 2017, na que se procedeu a apertura dos sobres A) documentación xeral e sobres B) oferta económica dos procedementos de contratación para a "DOTACIÓN DE MOBILIARIO PARA AS OFICINAS MUNICIPAIS", "DESEÑO DE PÁXINA WEB MUNICIPAL" "ADQUISICIÓN DE TOTEM"

En Cambados, a 14 de xullo de 2017. 

Servizo de Contratación.

Enlaces

No enlace que se xunta únese Acta da Mesa de Contratación, celebrada no día de onte, 6 de xullo de 2017, na que se procedeu a apertura dos sobres A) documentación xeral e sobres B) oferta económica dos procedementos de contratación das obras de "MELLORA DA CAPA DE RODADURA E DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS EN BURGÁNS (VILARIÑO)" e "MELLORA DA PISTA DE TENIS DE O POMBAL".

En Cambados, a 7 de xullo de 2017. 

Servizo de Contratación.

Enlaces

Rematadas as obras de "ENSANCHE DE VIAL NA RÚA CRUCEIRO (VILARIÑO)", subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizo 2016, foron executadas pola empresa adxudicataria "CANALIS SOLUCIONES TECNOLÓGICAS, S.L.", por un importe de 15.972,00 €, cunha baixa de 4.028,00€.

 

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, 28 de xuño de 2017. Servizo de Contratación.


 

 

Por Resolución de Alcaldía de data 19/06/2017, adxudicáronse as obras seguintes:

 

Obra

DENOMINACIÓN

EMPRESA

IMPORTE

Adxudicación

BAIXA

1

DOTACIÓN INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (A Pedreira, Redutores e Covas de Lobos).

Marconsa, S.L.

30.346,44

14.838,98

2

DOTACIÓN INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Modia, Lourido e Covas de Lobos).

Fontefría, S.L.

28.381,31

13.979,35

3

DOTACIÓN INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Blanco Amor, A Mariña e Travesía EP9004)

Marconsa, S.L.

21.037,67

11.488,23

Estas financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

En Cambados, a Alcaldesa, Fátima Abal Roma.

En enlace adxunto únesa a Acta da Mesa de Contratación celebrada na mañá de hoxe, día 15 de xuño de 2017, relativa á apertura dos sobres A) e B) das obras de:

1.- DOTACIÓN INFRAESTRUCTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (A Pedreira, Redutores e Covas de Lobos). G-1831-2017 -- PPOS/15/00608/201500504

2.- DOTACIÓN INFRAESTRUCTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Modia, Lourido e Covas de Lobos). G-1834-2017 -- PPOS/15/00608/201500503

3.- DOTACIÓN INFRAESTRUCTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Blanco Amor, A Mariña e Travesía EP9004). G-1835-2017 -- PPOS/15/00608/2015/500

na que se formulan propostas de adxudicación para as indicadas obras.

Servizo de Contratación.

Enlaces

Pola presente infórmase que, en relación coas obras subvencionadas pola Excma. Deputación Provincial os modelos de carteis de obra, certificacións e actas de recepción  dos distintos Plans figuran no enlace que se anexa.

Servizo de Contratación.

Enlaces

Pola presente comunícase que recentemente entrou en funcionamento a sede electrónica deste Concello de Cambados - cambados.sedelectronica.gal - a través da que se pode presentar documentación e recibir notificacións relacionadas con este Servizo de Contratación, agás a presentación de ofertas en procedementos de licitación ao non atoparse activado.

Exemplos dos trámites que se poden realizar:

- Aviso de presentación de ofertas económicas.

- A documentación que se require no caso de resultar adxudicatario.

- Presentacións dos Plans de Seguridade e Saúde.

- Certificacións e Actas de recepción das obras, etc.

Así mesmo poderán recibir nos enderezos electrónicos que indiquen: invitacións e as notificacións que resulten de cada procedemento convocado no que participen.

En enlace adxunto únese unha instrucción de acceso á cambados.sedelectronica.gal. Utilizar navegador Mozilla Firefox

Para máis información poden chamar ao 986520943, extensión: #747

 

 

Enlaces


Por Resolución de Alcaldía de data 12/05/2017, adxudicouse á empresa "CONTALOCAL, S.L." o contrato de subministro do "EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA A IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA", por importe de 9.568,87 € (Ive incluído).


O indicado subministro financiarase cunha subvención (100%) da Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.


O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.


En Cambados, a vinte e catro de maio de dous mil dezasete. A alcaldesa, Fátima Abal Roma.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina