Emisión en directo do Pleno Ordinario Municipal do concello de Cambados do mes de maio

O xoves 25 de maio, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

 

ORDE DO DÍA:

I Parte resolutiva

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 27 de outubro de 2016.

2. Aprobación inicial, se procede, do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Cambados.

3. Bonificación se procede do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras da obra de Ampliación do IES Francisco Asorey.

II Parte de control e fiscalización da xestión dos órganos municipais de goberno

4. Acordo de Goberno por unha tributación xusta nos impostos da Xunta de Galicia.

5. Acordo de Goberno para reclamar á Consellería de Sanidade que se mellore o servizo de cociña e cafetería do Hospital do Salnés.

6. Acordo de Goberno para demandar a creación dun órgano de control, seguimento e avaliación das reclamacións presentadas ao amparo do R.D.L. 1/2017.

7. Dar conta das resolucións da alcaldía.

8. Rogos e preguntas.


 

Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.

Arquivos adxuntos

Lita Cabellut estará este venres na nosa vila, onde ás 12:00 se inaugurará unha instalación súa no concello, enmarcada dentro da VI semana mundial da educación artística convocada pola UNESCO.

Os actos previstos na comarca do Salnés comezan mañá xoves en Vilanova de Arousa, cunha presentación e photocall na escola de arte Sienna ás 11:00, e ás 12:00 inaugurará unha instalación artística no Concello. Ás 18:00 será o turno de Vilagarcía, onde inaugurará unha instalación na casa da Cultura.

O venres será o turno de Cambados, onde ás 12:00 será inaugurada unha instalación súa na praza do Concello. Por último, a Illa pechará os actos de homenaxe con outra instalación que será inaugurada ás 18:00 na praza do Concello, e ás 21:00 haberá un concertó homenaxe.

Lita Cabellut (Sariñena, 1961) é unha artista multidisciplinar española que traballa con óleo sobre lenzo, debuxos en papel, escultura, fotografía, poesía, poemas visuais e vídeos. De orixe xitana, foi criada en Barcelona e desde os 19 vive na Haia. Recoñecida pola súa pintura, traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco.1 En 2011 recibiu o Premio de Cultura Xitana de Pintura e Artes Plásticas do Instituto de Cultura Xitana en recoñecemento ao traballo realizado en beneficio da cultura xitana no mundo. En 2015 foi recoñecida pola revista especializada Artprice como un dos artistas contemporáneos máis cotizados do mundo, situándoa no posto 333 só por detrás de Miquel Barceló e Juan Muñoz do seu "top 500" e converténdose na artista feminina española máis cotizada.

O domingo 28 de maio, ás 19:00 o salón José Peña acolle a terceira edición da Xuntanza de Bandas de Música Xuvenís de Cambados, na cal participarán a Banda Xuvenil da ESMU Municipal de Caldas de Reis e as Bandas Infantil e Xuvenil da ESMU e CMUS de Cambados.

 

Os días 24 e 25 de novembro de 2017 celebrarase en Santiago de Compostela a IX Xornada Estatal de Psicoloxía Contra a Violencia de Xénero, organizada polo Consejo General de la Psicología de España e por este Colexio Oficial, e que será un foro no que construír un retrato máis completo da violencia por motivo de xénero.

Tratarase dunha reunión científica para abordar este grave problema ao que a psicoloxía ten moito que achegar e ofrecer.

Unha oportunidade excelente para o encontro e a participación, para reflexionar sobre os distintos aspectos do saber que conforman unha disciplina ampla con especial vocación aplicada.

Podedes consultar o programa da xornada neste enlace

Este venres terá lugar no Auditorio Municipal unha mostra de teatro escolar, ás 18h, coa interpretación das seguintes obras:

-“A laranxa máis laranxa de todas as laranxas”, de Carlos Casares, interpretada polo  grupo de teatro do IES Salesianos de Castrelo

- “O peor inimigo”, adaptación dun conto de Jorge Bucay, a cargo do grupo de teatro do CEP Antonio Magariños

-“O coro das emocións”, canción interpretada polo alumnado de 4º de primaria do CEP Antonio Magariños

E ás 20h, no Pazo de Torrado inaugúrase a exposición “Segredos”, de Yolanda Dorda, que poderá ser visitada ata o 16 de xullo, de martes a domingo entre as 18 e as 21 horas

Plan de Obras e Servicios (Plan Concellos), 2017

O Plan de Emprego, incluído na liña 3 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2017, permite a contratación de desempregados para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, a través  da prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, e por outra banda a inserción dos colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo, propiciado pola actual crise económica, vítimas de violencia de xénero, candidatos maiores de 45 anos, candidatos que formen unha familia monoparental con fillos a cargo, persoas candidatas con renda máis baixa, e persoas candidatas con cargas familiares.

As traballadoras e traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. Os traballadores serán seleccionados mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do concello de Cambados.

O concello será quen realice a selección definitiva dos candidatos, a través dos funcionarios municipais e de conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados na orde destas axudas onde se priorizara a inclusión de desempregados en colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo. Vaise contratar mediante este plan:

6 Operarios de Persoal de Limpeza ou Limpador en Xeral, co código de ocupación 92101050, e cun contrato de traballo de 6 meses de duración e cunha xornada laboral de 35 horas semanais, con data de inicio prevista no mes de Xuño deste exercicio 2017.

As principais actuacións a desenrolar serán a de detección de vertidos incontrolados, actuacións para a  recuperación de sendas, con desbroces, limpeza de sendas, camiños e mantemento viario, mantemento e limpeza en edificios de titularidade municipais ou centros que o mantemento sexa de competencia municipal centros culturais, biblioteca, museos, colexios etc.

CONTRATACIÓN 2 TECNICOS DE TURISMO

Mentres, a través da subvención concedida pola Axencia de Turismo de Galicia neste exercicio 2017, vai permitir a contratación de 2 Técnicos de Empresas e Actividades Turística, co código de ocupación 26301039, que deberá estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: técnico superior en información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas, ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, para traballar na oficina de Turismo municipal de Cambados dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro deste ano, e cunha xornada laboral de 5 horas diarias en horario de mañan ou tarde, fins de semana, excepto domingo de tarde e luns. 

A Deputación de Pontevedra, dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada para visibilizar o traballo das mulleres na viticultura, creando un espazo de encontro no que compartir experiencias e testemuños de mulleres que participan no proceso de investigación, elaboración e comercialización do viño en Galicia.

Con motivo de que este ano Cambados é a Cidade Europea do Viño, a xornada desenvolverase no Auditorio desta localidade (sesión de mañá) e nas Bodegas Martín Códax (sesión de tarde) o vindeiro 10 de xuño.

As prazas son limitadas; poderá inscribirse ata un máximo de 100 persoas

Ademais de exposicións e unha mesa de experiencias, nesta xornada realizarase unha cata e unha visita ás Bodegas Martín Códax (ver programa).


Para reservar a túa praza deberás cubrir e enviar o formulario que atoparás neste enlace.

Unha vez recibidos os formularios de inscrición confirmarémosche, á maior brevidade posible, a túa inscrición ou, de ser o caso, a dispoñibilidade de prazas a través do correo electrónico.

Inscrición gratuíta, prazas limitadas
Data límite de inscrición: 6 de xuño de 2017

Programa (pdf)

Persoas destinatarias

Persoas interesadas en compartir experiencias, coñecementos e boas prácticas no sector vitivinícola, preferentemente:

  • Mulleres profesionais do sector
  • Mulleres emprendedoras do sector
  • Mulleres que queiran orientar o seu desenvolvemento persoal e profesional cara a este sector
  • Persoal de organizacións públicas e privadas
  • Orientadoras e orientadores laborais e profesionais afíns
  • Persoas con interese no eido do viño

Para máis información contacta co Servizo de Igualdade a través do correo electrónico igualdade@depo.es ou escolamariavinyals@depo.es ou no teléfono 986 804 100 (ext. 40870)

 

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión ás Illas Cíes para maiores de 65 anos. A excursión realizarase o vindeiro xoves 15 de xuño.

O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que sairá do porto de Tragobe ás 10 da mañá dese día. A viaxe de Cambados a Cíes en barco dura aproximadamente dúas horas, co que se espera atracar no peirao da principal illa do Parque Nacional das Illas Atlánticas arredor do mediodía.

En Cíes, os excursionistas cambadeses estarán acompañados por varias guías que lles amosarán os encantos destas paradisíacas illas. Está previsto que a comitiva xante no propio restaurante localizado a carón da praia de Rodas, considerada unha das máis fermosas do mundo. O regreso dende Cíes será ás 18:45 horas, chegando a Cambados ás 20:45.

A viaxe é gratuíta e estará sufragada integramente pola partida orzamentaria para a Terceira Idade do Concello de Cambados. O xantar en Cíes correrá por conta dos excursionistas.


As prazas para esta excursión son limitadas. Hai que inscribirse no Concello, no despacho da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, sito na primeira planta da Casa Consistorial. Un requisito indispensable para poder participar desta excursión é estar empadroado en Cambados.  

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade entende que este tipo de actividades son moi beneficiosas para a saúde física e mental dos nosos maiores. Ademais, moitos deles terán unha oportunidade única para visitar por primeira vez as Illas Cíes, auténtica xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade quere impulsar a realización de actividades saudables para persoas maiores. Por iso, no mes de xullo organizará tamén unha andaina que percorrerá o centro de Cambados.     

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina