Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    Exposición “Silencios Naturais”, de Morquecho

    A Sala de Exposicións do Pazo de Torrado acolle entre o 24 de novembro e o 7 de xaneiro, en horario de 17 a 20 horas de martes  a domingo a exposición “Silencios Naturais”, de Morquecho.  A inauguración terá lugar o sábado 25 ás 20h.

    LER MÁIS

  • Foto da nova

    Horarios das actuacións do Albariño Can-Fest

    O Salón Peña acollerá o sábado 2 de decembro o festival Albariño Can-Fest, actividade enmarcada dentro da programación de “Cambados Cidade Europea do Viño 2017”, e no que se recadarán fondos para o Refuxio de Animais de Cambados. Este festival contará co seguinte programa:

    19:15 Apertura de portas

    20:00 – 20:30 Innopiah

    20:45 – 21:30 Bergallazo

    21:45 – 23:00 Mamá Ladilla

    23:15 – 00:15 Konflikto

    00:30 – 02:00 Gatillazo

    02:15 – 03:30 The Royal Flash

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.