Pola presente convócase aos membros da MESA DE CONTRATACIÓN, para o vindeiro día 22 de xaneiro de 2018 (luns), ás 13.30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, en relación co expediente de contratación das obras de “SOTERRAMENTO DE LIÑA B.T. NA RÚA REAL (CAMBADOS)”, co seguinte

ORDE DO DÍA:

ÚNICO.- Cualificación da documentación xeral contida nos sobres B) "oferta económica".

En Cambados, a 16 de xaneiro de 2018. A Secretaria da Mesa de Contratación.

O pasado día 11 de xaneiro de 2018, procedeuse á apertura dos sobres A) documentación xeral e  sobres B) ofertas económicas, presentados polas empresas que tomaron parte no procedemento de contratación (contrato menor) das obras de “DOTACIÓN DE CONTEDORES SOTERRADOS NA RÚA OURENSE”, subvencionadas pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016, formulándose proposta de adxudicación a favor da empresa “CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA)”, por ter presentada a mellor oferta económica:

 

 Orde

Empresa

Prezo ofertado

  IVE incluído

Baixa

 ofertada

1

CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA)

19.632,35 €

3.185,35 €

2

PROMOREYBA, S.L.

22.817,70 €

0 €

 

En Cambados, a 12 de xaneiro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Nestas datas veñen de rematarse pola Empresa “GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L.”, as obras de “DOTACIÓN DE BIOSAUDABLES AO CARÓN DO PARQUE INFANTIL DE CASTRELO", financiadas ao 100% con cargo ao Plan Concellos 2016 (PC/2016), ascendendo a un total un importe de 30.809,88 € (IVE incluído) e cunha baixa de 19.190,12 € sobre o prezo de licitación.

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 5 de xaneiro de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Por Resolución desta Alcaldía, de data 20/12/2017, adxudicáronse os lotes 3, 4 e 5 para o subministro de “MELLORA DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL (FURGONETA, CAMIÓN GRÚA E BARREDORA)”, subvencionado ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), por importe de 33.437,70 € e que foi destinada á adquisición dos investimentos que se relación a continuación:

- LOTE 3: SUBMINISTRO DE CAMIÓN GRÚA, adxudicado á empresa “DESPERTANDO SOCIEDAD DE GESTIÓN INMOBILIARIA Y NÁUTICA, S.L.” por un importe de 14.900,00 € (Ive incluido).

- LOTE 4: SUBMINISTRO DE FURGONETA PARA SERVIZO DE OBRAS, adxudicado á empresa “AUTOS ELANUX, S.L.”, por un importe de 7.925,00 € (Ive incluido).

- LOTE 5: SUBMINISTRO DE MÁQUINA FREGADORA-BARREDORA, adxudicado á empresa “BAYGAR, S.L.” por un importe de 9.075,00 (Ive incluido).

No procedemento de licitación dos mencionados lotes de subministros prodúxose unha baixa total de 1.537,70 €.

Faise público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 26 de decembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Finalizadas as obras de “SINALIZACIÓN TURÍSTICA E PINTADO DO CASCO URBANO”, subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), foron executadas pola empresa adxudicataria “ACEINSA SALAMANCA, S.A.", por un importe de 13.431,00 € (IVE engadido), cunha baixa de 6.618,34 €, o que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

 

 

En Cambados, a 21 de decembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

 

Levado a cabo o investimento para o subministro de “TOTEM INFORMATIVO PARA O EDIFICIO DA CONSISTORIAL”, subvencionado ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2017, o material foi subministrado pola empresa “D. DAVID TORRES MASCATO, por un importe de 10.284,97 € (IVE incluído), cunha baixa de 103,99 € sobre o prezo de licitación.

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 18 de decembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

 

Nestas datas veñen de rematarse pola Empresa “Construcciones y Reformas 3 Torres 2010, S.L.”, as obras de “ADECUACIÓN DO QUIOSCO DO PAZO DE TORRADO", financiadas con cargo ao Plan Concellos 2016 (PC/2016), ascendendo a un total un importe de 13.790,00 € (IVE incluído) e cunha baixa de 6.210,00 € sobre o prezo de licitación.

 

 

 

 

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 18 de decembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma

CONCELLO DE CAMBADOS-ANUNCIO LICITACIÓN

Publicado no BOPPO nº 238, do 14 de decembro de 2017.

Por Resolución da Alcaldía de data 23/11/2017, foron aprobados os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares que rexerán a seguinte licitación:

1. ENTIDADE ADXUDICADORA.

a) Organismo: Concello de Cambados.

b) Dependencia: Secretaría-Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 3766/2017.

2. OBXECTO DEL CONTRATO.

a) Descrición do obxecto: Soterramento da liña B.T. na Rúa Real.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) CPV: 45315600-4

3. TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación.

4. PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN.

Presuposto: 91.671,98 €, IVE 19.251,12 €, cun importe total de 110.923,10 €.

5. GARANTÍA definitiva

5% do importe de adxudicación.

6. OBTENCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN.

a) Concello de Cambados, Praza do Concello, 1 (36630 Cambados)

b) Teléfono: 986520943 Extensión #747. Fax: 986524866

c) www.cambados.es Taboleiro de anuncios.  Correo electrónico contratacion@cambados.es

Sede electrónica: cambados.sedelectronica.gal

7. REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA.

Clasificación: Non se esixe.

8. PRESENTACIÓN DAS OFERTAS.

a) Data límite de presentación: As proposicións entregaranse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14:30 horas, de luns a venres, no prazo de vinte e seis días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do último dos anuncios, no perfil do contratante ou no BOP da Provincia.

b) Documentación a presentar: A sinalada no Prego de Cláusulas.

9. APERTURA DAS OFERTAS.

Na data establecida na Cláusula 2.6 do Prego.

10. CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.

O menor prezo sobre o previsto na licitación.

11. GASTOS DE ANUNCIOS.

Serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

12. PÁXINA WEB ONDE SE INSERTARÁN TÓDOLOS ANUNCIOS ADMINISTRATIVOS RELATIVOS Á CONVOCATORIA DO PRESENTE CONTRATO.

www.cambados.es sección Taboleiro de Anuncios.

En Cambados, a Alcaldesa, Fátima Abal Roma.

 

Enlaces

Por Resolución desta Alcaldía, de data 09/10/2017, adxudicáronse os lotes 1 e 2  para subministro para a  “MELLORA DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL (COCHE POLICÍA LOCAL E FURGONETA VOLQUETE”, subvencionado ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), por importe de 32.481,43 € e que foi destinada á adquisición dos investimentos que se relación a continuación:

- LOTE 1: SUBMINISTRO DE AUTOMÓVIL DA POLICÍA LOCAL, adxudicado á empresa “AUTOS J. RIVADA R., S.L.U.” por un importe de 14.600,00 € (Ive incluido).

- LOTE 2: SUBMINISTRO DE FURGONETA VOLQUETE, adxudicado á empresa “AUTOS J. RIVADA R., S.L.U.”, por un importe de 17.600 € (Ive incluido).

Faise público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 14 de decembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Pola Excma. Deputación Provincial concedeuse a este Concello unha subvención ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016, por importe de 29.494,75 €, para o subministro de “MAQUINARIA PARA SERVIZO DE LIMPEZA MUNICIPAL” e que foi destinada á adquisición dos investimentos que se relación a continuación:

- SUBMINISTRO DE CAMIÓN CISTERNA PARA BALDEO DE VÍAS PÚBLICAS,  adxudicado á empresa “AUTOMOCIÓN LA JUNQUERA, S.L.” por un importe de 14.425,00 €; de Ive a cantidade de 3.029,25 €, totalizando un importe de 17.454,25 €.

- SUBMINISTRO DE DESBROZADORA DE BRAZO LATERAL, adxudicado á empresa “HITRAF, S.A.”, por un importe de 9.367,77 €; de Ive a cantidade de 1.967,23 €, totalizando un importe de 11.335,00 €.

                         

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria; no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno; e no artigo 151.4 do TRLCSP.

En Cambados, 4 de decembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina