COMPOSICION DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE E DELEGADOS DE SERVIZOS

 

Dª Fátima Abal Roma, alcaldesa do Ilmo. Concello de Cambados, actuando en virtude das atribucións que lle están conferidas, e a fin de dar cumprimento ó establecido pola vixente lexislación en relación co funcionamento da Corporación Municipal; e,

 

Considerando que a este Ilmo. Concello de Cambados correspóndelle a Xunta de Goberno Local, en virtude do disposto polo artigo 20.b) da Lei 7/85, R.B.R.L., e constituída a Corporación Municipal en sesión do día 11 do corrente mes de xuño, como consecuencia das Eleccións Locais celebradas o pasado día 22 de maio, e dando cumprimento ó disposto polo artigo 38.d), en relación co 52, do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, esta Alcaldía debe nomear ós Concelleiros que integrarán dita Xunta de Goberno Local.

 

Procede, así mesmo, nomear Tenentes de Alcalde, entre os membros de dita Xunta de Goberno, tal como establecen os artigos 62 da Lei 5/97 de Admón. Local de Galicia, en relación co artigo 46 do citado R.O.F.

 

Por último, os artigos 23.4), da referida Lei 7/85, en relación co 43.3) do R.O.F., facultan a esta Alcaldía para delega-lo exercicio de determinadas atribucións nos membros da Xunta de Goberno Local, sen prexuízo das posibles delegacións para cometidos específicos. As delegacións que se acordan son para as áreas que, asimesmo, se determinan na presente Resolución.

 

Na súa consecuencia, pola presente teño a ben RESOLVER:

 

1º.- Composición da Xunta de Goberno Local.- A Xunta de Goberno Local deste Ilmo. Concello de Cambados, baixo a Presidencia da Alcaldesa que subscribe, queda integrada polos seguintes Concelleiros:

 

-         Víctor Manuel Caamaño Rivas

-         José Ramón Abal Varela

-         Miguel Pérez Osorio

-         Prado Cores, María Teresa

-         Cordal Rodríguez, Constantino

 

Cumpríndose co esixido polo apartado 2) do artigo 52 do R.O.F., ó non exceder o número de membros nomeados do tercio do número legal de membros da Corporación.

 

2º.- Nomeamento de Tenentes de Alcalde.- De acordo co disposto polos artigos 62 e 63 da Lei 5/97, de A.L.G., en relación co 46 ó 48 do R.O.F., teño a ben nomear Tenentes de Alcalde, pola seguinte orde, a:

 

          1º Tenente de Alcalde: Víctor Manuel Caamaño Rivas

          2º Tenente de Alcalde: José Ramón Abal Varela

          3º Tenente de Alcalde: Constantino Cordal Rodríguez

 

Os Tenentes de Alcalde nomeados substituirán a esta Alcaldía, pola referida orde, en caso de ausencia, enfermidade ou outro impedimento que  lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións, e elo en virtude do disposto polo artigo 23.3) da L.B.R.L., en relación co 63 da L.A.L.G. e artigo 47 do R.O.F.

 

3º.- Nomeamento de Delegados/as de Servizos.- En virtude das facultades conferidas a esta Alcaldía polos citados artigos 23.4) da Lei 7/85, e 43 do R.O.F., nomeo, aos seguintes Delegados de Servicios, para as áreas que así mesmo se indican:

 

·Área de Fomento do Emprego e Turismo: Milagros Martínez Piñeiro

·Área de Comunicacións e Xuventude: Miguel Pérez Osorio

·Área de Ensino, Patrimonio, Cultura, Deporte e Normalización lingüística: Víctor Manuel Caamaño Rivas

·Área de Medio Ambiente, Mar e Medio Rural: María Josefa Cacabelos Domínguez

·Área de Participación Veciñal: María Teresa Prado Cores

·Área de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade: Constantino Cordal Rodríguez

·Área de Economía, Facenda, Comercio, Industrial e Promoción Económica: Xurxo Charlín Trigo

·Área de Urbanismo, Obras, Servizo, Mobilidade, Seguridade Cidadá, Enoturismo e Relacións institucionais (esta última compartida con Alcaldía): José Ramón Abal Varela

 

4º.- Da presente Resolución darase conta ó Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre, e notificarase persoalmente ós señores designados, remitíndose edicto ó Boletín Oficial da Provincia, en cumprimento do establecido polo artigo 46 do R.O.F.