APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:
Data de inserción do anuncio no BOP: 2 de febreiro 2016.
Data límite presentación ofertas: 17 de febreiro de 2016 inclusive.
 
 
CONCELLO DE CAMBADOS. ANUNCIO DE LICITACIÓN
 
1.- Entidade adxudicataria: Concello de Cambados. Dependencia que tramita o expediente: Contratación. 
 
2.- Obxecto do Contrato: Servizo de reparación e mantemento do equipamento informático do Concello de Cambados.
 
3.- Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.
 
4.- Tipo de licitación: O orzamento máximo de licitación, ascende á cantidade de 10.909,09 euros/anuais, ao que haberá que engadir a cantidade de 2.290,91 euros en concepto de IVE (21%), que deberá soportar a Administración, o que supón un total ascendente de 13.200,00 euros/anuais.
 
5.- Obtención de documentación e información: Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados). Teléfono: 986520943. Correo electrónico: contratación@cambados.es. www.cambados.es  na sección Taboleiro de anuncios poderase descargar a documentación.
 
6.- Requisitos específicos do contratista: Os recollidos na cláusula 14 do Prego.
 
7.- Presentación de ofertas: Prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello. 8.30 a 14.30 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00 (sábados).
 
8.- Apertura de ofertas: Anunciarase na páxina www.cambados.es Taboleiro de anuncios.
 
9.- Gastos do anuncio: Por conta do adxudicatario.
 
Cambados, 21 de xaneiro de 2016.
O CONCELLEIRO DELEGADO DE ECONOMÍA E FACENDA. 
(Resolución Alcaldía delegación competencias do 29/06/2015)
 
D. Xurxo Charlín Trigo.
 
 
 
 
Enlaces