Por Resolución desta Alcaldía, de data 09/10/2017, adxudicáronse os lotes 1 e 2  para subministro para a  “MELLORA DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL (COCHE POLICÍA LOCAL E FURGONETA VOLQUETE”, subvencionado ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), por importe de 32.481,43 € e que foi destinada á adquisición dos investimentos que se relación a continuación:

- LOTE 1: SUBMINISTRO DE AUTOMÓVIL DA POLICÍA LOCAL, adxudicado á empresa “AUTOS J. RIVADA R., S.L.U.” por un importe de 14.600,00 € (Ive incluido).

- LOTE 2: SUBMINISTRO DE FURGONETA VOLQUETE, adxudicado á empresa “AUTOS J. RIVADA R., S.L.U.”, por un importe de 17.600 € (Ive incluido).

Faise público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 14 de decembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.