Finalizadas as obras de “MELLORA DA CAPA DE RODADURA E DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS EN BURGÁNS (VILARIÑO) (Expte.: PC/2016006979)", subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan Concellos 2016 (PC/2016), foron executadas pola empresa adxudicataria "MARCONSA, S.L.", por un importe de 72.787,31 € (IVE incluído) e cunha baixa de 43.616,65 € sobre o prezo de licitación.

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 9 de novembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.