Por Resolución desta Alcaldía de data 21/09/2017, adxudicouse á empresa “CONSTRUCCIONES 3 TORRES 2010, S.L.”, o contrato menor das obras de “ADECUACIÓN DO QUIOSCO DO PAZO DE TORRADO”, por importe de 13.790,00 € (Ive incluído), cunha baixa de 6.210,00 € sobre o prezo de licitación 20.000,00 € (Ive incluído).

A indicada obra finánciase pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de Transparencia, Acceso á información pública e Bo goberno.

En Cambados, 21 de setembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.