Por Resolución de Alcaldía de data 23/05/2017, adxudicouse á empresa "ACEVI, S.L." o contrato das obras de "CONSOLIDACIÓN DE TALUDES NA CANCEIRA MUNICIPAL", por importe de 7.623,00 € (Ive incluído), cunha baixa de 3.788,21 € sobre o prezo de licitación.

As indicadas obras financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

En Cambados,a vintecatro de maio de dous mil dezasete. A alcaldesa, Fátima Abal Roma.