Por medio da presente infórmase que se procederá á licitación dos contratos menores das obras de:

1.- DOTACIÓN INFRAESTRUCTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (A Pedreira, Redutores e Covas de Lobos). G-1831-2017. (Ref: PPOS/15/00608/2015/504).
2.- DOTACIÓN INFRAESTRUCTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Modia, Lourido e Covas de Lobos). G-1834-2017. (Ref: PPOS/15/00608/201500503).
3.- DOTACIÓN INFRAESTRUCTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Blanco Amor, A Mariña e Travesía EP9004). G-1835-2017 . (Ref: PPOS/15/00608/201500500)

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 8 de xuño de 2017 (xoves),en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal.

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.


PRESUPOSTOS DAS OBRAS:
Segundo o importe sinalado na memoria valorada redactada polo Técnico Municipal, ascenden a:

 

OBRA nº 1:

Denominación: DOTACIÓN INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (A Pedreira, Redutores e Covas de Lobos).

Presuposto: 37.343,32 €, 21% IVE 7.842,10 €, total contrata: 45.185,42 €

OBRA Nº 2

Denominación: DOTACIÓN INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Modia, Lourido e Covas de Lobos)

Presuposto: 35.008,81 €, IVE 7.351,85 €, total contrata: 42.360,66 €.

OBRA Nº 3

Denominación: DOTACIÓN INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Rúa Blanco Amor, A Mariña e Travesía EP9004).

Presuposto: 26.880,91 €, IVE 5.644,99 €, total contrata: 32.525,90 €


FINANCIAMENTO.
Os presentes contratos financiaranse integramente con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

 

FORMA DE PAGO
A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.
No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:
O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.
Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:
·Código da oficina contable: L01360062 – OC
·Código do órgano xestor: L01360062 – OG
·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT
O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.


PRAZOS DOS CONTRATOS.
1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

 

PUBLICIDADE
Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
O único criterio será o menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.
A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.
Ilmo.

FIANZA
O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, FORMA E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
O prazo de de presentación de solicitudes e a documentación a presentar fixarase na invitación que se inserte na web.


Establécese unha licitación conxunta dos presentes contratos menores, polo que as empresas poderán concorrer a 1, 2 ou aos 3 contratos, facéndoo constar ao cumprimentar o/os apartado/os correspondentes do modelo de Oferta Económica.
En todo caso presentarase unicamente un sobre A) e un sobre B)

Cando a documentación se envíe por correo, o empresario terá que xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986.524.866), telegrama, cambados.sedelectronica.gal no mesmo día e en hora de 8.30 a 14:30 horas.

En Cambados, a 24 de maio de 2017, a Alcaldesa, Fátima Abal Roma.

Enlaces