Visto que existe un erro na data do segundo exercizo procede en atención ao previsto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas á retificación do erro de feito apreciado de oficio quedando o apartado segundo da resolución redactado do seguinte xeito:
 
“Segundo.- O primeiro exercizo (Comprobación da estatura e probas físicas) realizarase o xoves 25 de maio ás 09:00 horas no Pabillón do Pombal, debendo acudir con roupa deportiva e co DNI. O segundo exercizo (proba de coñecementos), para os que sexan declarados aptos no primeiro, realizarase no Salón de Plenos do Concello de Cambados ás 12:00 horas o xoves 25 de maio ás 12:00 horas (deberán acudir provistos do DNI e de bolígrafo).”
Arquivos adxuntos