Por Resolución da Alcaldía, de 5 de maio de 2017, aprobáronse as bases da convocatoria para a contratación temporal de catro auxiliares de policia local. Con data de 19 de maio de 2017 dictouse resolución da Alcadía na que se acordaba aprobar a lista provisional de admitidos e excluidos no proceso selectivo e se concedía un prazo de 3 días naturais para poder subsanar os defectos que motivaron a súa exclusión ou omisión. Trancorido e prazo e visto o artigo 20 do Real Decreto 364/95, do 20 de marzo, e na base novena da convocatoria para a contratación temporal de catro auxiliares de policia local

RESOLVO:

Primeiro.- Aprobar a lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso selectivo que figura como anexo I desta providencia, con expresión das causas de exclusión, debendo expoñerse a mesma no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na web oficial do Concello (www.cambados.es).

Segundo.- O primeiro exercizo (Comprobación da estatura e probas físicas) realizarase o xoves 25 de maio ás 09:00 horas no Pabillón do Pombal, debendo acudir con roupa deportiva e co DNI. O segundo exercizo, para os que sexan declarados aptos no primeiro, realizarase no Salón de Plenos do Concello de Cambados ás 12:00 horas o xoves 20 de maio (deberán acudir provistos do DNI e de bolígrafo).

Terceiro.- Nomear aos membros do órgano de Selección que serán os que figuran no Anexo II desta resolución.

Arquivos adxuntos