Rematadas as obras de "PAVIMENTACIÓN EN LOURIDO-SARTAXES (CASTRELO)", subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos de competencia municipal para o exercicio 2016, estas foron adxudicadas á empresa "NEXIA INFRAESTRUCTURAS, S.L.U.", por un importe de 16.446,66 €, cunha baixa de 6.649,34 €.

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

Cambados, 10 de maio de 2017. Servizo de Contratación.