Recentemente finalizaron as obras de "CONSERVACIÓN DO MUIÑO DE MAREAS DE A SECA" subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao programa de rehabilitación do patrimonio histórico-cultural, convocatoria 2016.

As obras foron adxudicadas á empresa "ACEVI, S.L.", por un importe de 6.073,67 (Ive incluído), producíndose unha baixa de 3.275,16 €.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8 e) das Bases Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

Cambados, 9 de maio de 2017. Servizo de Contratación.