CONVOCATORIA

PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE CATRO AUXILIARES DE POLICIA LOCAL NO CONCELLO DE CAMBADOS EN ÉPOCA ESTIVAL.
 


Con data de 5 de maio de 2017, a Alcaldesa do Concello de Cambados, por avocación acordou aprobar as Bases e a convocatoria para a contratación temporal de 4 auxiliares de Policía Local.

Modalidade do contrato: laboral temporal de duración determinada, a tempo completo por acumulación de tarefas.

Duración: 6 meses

Xornada: semanal (37,5 horas)

Presentación de solicitudes, data e horario: Instancia dirixida á Alcaldesa, durante o prazo de 5 días naturais, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no FARO DE VIGO (insertado o anuncio o día 09/05/2017), en horario de 8,30 a 14,30 horas. Se o último día do prazo  fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Bases: Pódense consultar na Secretaría Xeral do Concello, en na páxina web www.cambados.gal. (Taboleiro de anuncios)

En Cambados a 8 de maio de 2017. O ALCALDE EN FUNCIÓNS. Asdo: Victor M. Caamaño Rivas.

 

Arquivos adxuntosEnlaces