Poderán participar todas as asociacións culturais rexistradas no Concello de Cambados. Deberán inscribirse na Praza do Concello antes da celebración do acto (1 de maio as 17:00), cubrindo unha solicitude xeral, que lle aportará o persoal do concello, co nome, NIF, teléfono, correo electrónico e enderezo do representante.

Todos os maios participantes deberán presentarse ao xurado antes das 17:00 h do 1 de maio na Praza do Concello. O concurso comezará ás 17:30 h e a partir dese intre non poderán participar máis maios no concurso. Haberá un xurado composto por persoas con coñecementos na Festa dos Maios.

Un representante da comisión organizadora da festa actuará como secretario –sen dereito a voto– e redactará a acta do acordado. O xurado poderá deixar deserto algún dos premios, se o considera oportuno, e emitirá o seu ditame, que será inapelable, coa suma das puntuacións dos seus membros. Os membros do xurado, para emitir as súas puntuacións, terán en conta os seguintes criterios:

 A armazón dos maios tradicionais será de madeira e só poderán quedar visibles os pés e as andas. A coroa, no caso de presentarse, non deixará ver os materiais da estrutura, e poderá presentarse como remate do maio ou en estrutura aparte.

 O emprego de produtos tradicionais na confección dos maios: fiúncho, laranxas, cascas de ovos, margaridas, calas etc. Penalizarase o uso de materiais non tradicionais. Valorarase a uniformidade do manto do fiúncho, a distribución dos adornos, a composición das formas etc.

 Nos maios artísticos as formas, tamaños, figuras, etc. serán libres, pero os materiais empregados serán os típicos dos maios.

O emprego de instrumentos de acompañamento típicos: palitroques ou estadullos. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

PREMIOS

-       Por participar 100 €

-       Por actuar na festa con música, canto e/ou baile tradicional 150 €

Arquivos adxuntos