Por medio da presente infórmase que se procederá á licitación do contrato menor das obras de “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS EN LOURIDO-SARTAXES, CASTRELO (CAMBADOS), aos efectos de que polas empresas interesadas se formulen ofertas económicas para as indicadas obras.

As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 31 de marzo de 2017 (venres) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866.

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

Modalidade A:

1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

Modalidade B:

1º.- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.

2º.- Certificación de atoparse inscrito no Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia, no caso de atoparse inscritos.

3º.- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

4º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en prohibicións de contratar (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

5º.- Declaración xurada de que a empresa dispón dos medios suficientes para levar a cabo o obxecto do contrato.

6º.- Declaración de empresas vinculadas.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

CRITERIO DE ADXUDICACIÓN ÚNICO: o menor prezosobre o previsto no proxecto.

En Cambados, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

 

 

Arquivos adxuntos