Pola empresa TECNOGALL, S.L. rematáronse as obras de "MELLORAS NO ALUMEADO PÚBLICO NAS PARROQUIAS DE CAMBADOS (Lugares de Vilariño: Cacabelso, Campo da festa, Adro, Sameiro e Covas de Lobos. Lugares de Castrelo: Adro, Revolta e Facho). O presuposto de adxudicación ascendeu á cantidade de 27.381,33 €, cunha baixa de 7.722,96 € sobre o prezo de licitación de 35.104,34 €.

As obras contaron co financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)-Xunta de Galicia-Vicepresidencia e con fondos da Excma. Deputación Provincial correspondentes ao Plan Concellos 2016.

 

O que se fai público en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, da normativa de publicidade para as obras financiadas con fondos FEADER e en cumprimento do establecido na Base 15ª das reguladoras da convocatoria do referido Plan Concellos 2016, da Excma. Deputación Provincial

Cambados, 13 de outubro de 2016.

Servizo de Contratación.