Recentemente veñen de rematarse as obras do contrato menor das obras de “MELLORA DA SUPERFICIE DA PISTA DE ATLETISMO DE O POMBAL”, subvencionada ao 100%  con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PC/2016) da Excma. Deputación (Expte. PC2016016112), adxudicadas á empresa “ZONA DE OBRA, S.L.” polo presuposto de 14.600,00 € (Ive incluído).

O que se fai publico en cumprimento do establecido na Base 15ª das reguladoras da convocatoria do indicado Plan Concellos 2016.

Cambados, 25 de agosto de 2016.

PUBLICIDADE DO SERVIZO DE CONTRATACIÓN

 

Recentemente veñen de rematarse as obras do contrato menor das obras de “ESTACIÓN DE BOMBEO DE AUGAS RESIDUAIS NO LUGAR DE LAXES-CORVILLÓN”, subvencionada ao 100%  con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PC/2016) da Excma. Deputación (Expte. PC2016006530), adxudicadas á empresa “FONTEFRÍA, S.L.” polo presuposto de 13.880,00 (Ive incluído).

O que se fai público en cumprimento do establecido polo artigo 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, polo 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP e pola Base 15ª  das Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2016.

Cambados, 12 de agosto de 2016.

 

 

 

 

Arquivos adxuntos

ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 13 de xullo de 2016, adoptou acordo adxudicar á empresa PORTO DE CAMBADOS, S.L., a autorización para a “INSTALACIÓN DE CARPAS E STANDS GASTRONÓMICOS NO LATERAL DO PASEO DE A CALZADA DURANTE A LXIV FESTA DO ALBARIÑO 2016”, polo canon ofertado de nove mil euros EUROS (9.000,00 €).

A autorización outórgase única e exclusivamente para a LXIV Festa do Viño Albariño 2016.

Os postos deberán estar instalados dende o día 3 de Agosto do ano en curso ata o 7 de agosto (ámbolos dous inclusive).

O que se fai público , en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP.

Cambados, 14 de xullo de 2016.

A alcaldesa

Dª Fátima Abal Roma.

 

Arquivos adxuntos

ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 13 de xullo de 2016, adoptou acordo adxudicar á empresa ZONA DE OBRA-O ROSAL, S.L., o contrato menor das obras de “MELLORA DA SUPERFICIE DA PISTA DE ATLETISMO DE O POMBAL”, incluída no Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2016 da Excma. Deputación (Expte. PC2016016112), polo presuposto de 14.600,00 (Ive incluído) (Baixa de 5.400,00 €, sobre o prezo de licitación de 20.000,00 €), o prazo de garantía increméntase en 3 anos (1+3) e redución do prazo de execución en 2 meses e 23 días (8 días) (sobre prazo proxecto: 3 meses).

O que se fai público en cumprimento do establecido polo artigo 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, polo 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP e pola Base 15ª  das Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2016.

Cambados, 14 de xullo de 2016.

A alcaldesa

Dª Fátima Abal Roma.

Arquivos adxuntos

CONCELLO DE CAMBADOS. ANUNCIO

Por acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 15 de xuño de 2016, adxudicouse o contrato menor das obras de “ESTACIÓN DE BOMBEO DE AUGAS RESIDUAIS EN LAXES-CORVILLÓN”, PC/2016006530, á empresa “FONTEFRÍA, S.L.”, por importe de 13.880,00 € (Ive incluído), (Baixa de 6.120,00 €, sobre o prezo de licitación de 20.000,00 €), o prazo de garantía das obras de  4 anos e redución do prazo de execución das obras en 20 días (sobre prazo proxecto: 1 mes).

Dando cumprimento ao establecido na Base décimo quinta que regula a convocatoria do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos (Plan Concellos 2016) da Excma. Deputación, indícase que as mencionadas obras atópanse subvencionadas ao 100% con cargo ao mencionado Plan.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cambados, 21 de xuño de 2016.

SERVIZO DE CONTRATACIÓN.

 

 

 

Arquivos adxuntos
Por medio da presente infórmase que se procederá á contratación, como contrato menor, das obras de “ADECUACIÓN DO QUIOSCO DO PAZO TORRADO”, aos efectos de que polas empresas interesadas se formulen ofertas económicas para as indicadas obras. 
 
As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 8 de xuño de 2016 (mércores), en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres e ós sábados de 9.00 a 13.00 horas.
 
Deberán aporta-la documentación seguinte:
 
SOBRE A:
Modalidade A:
1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.
Modalidade B:
1º.- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.
2º.- Certificación de atoparse inscrito no Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia, no caso de atoparse inscritos.
3º.- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).
4º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en prohibicións de contratar (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).
5º.- Declaración xurada de que a empresa dispón dos medios suficientes para levar a cabo o obxecto do contrato.
 
SOBRE B:
Conterá a oferta económica.
 
Os criterios de adxudicación, aprobados pola X.G.L., en sesión do 18/05/2016, serán os seguintes:
1.- Menor prezo sobre o previsto na licitación: ata 40 puntos.
d) Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prezo fixado no proxecto.
e) As ofertas que non presenten redución de ofertan obterán 0 puntos.
f) Para as ofertas restantes os puntos obteranse aplicando a fórmula seguinte: 
Puntuación = 40 x Tipo de licitación-Importe da oferta presentada
Tipo de licitación-Oferta máis baixa presentada
2.- Maior prazo de garantía das obras: ata 30 puntos. A estes efectos só se puntuará o prazo que exceda dos 12 meses legais de garantía. A razón de 10 puntos por cada ano de incremento do prazo de garantía sobre o previsto legalmente dun ano e cun máximo de 30 puntos.
3.- Proposta de redución de prazos: ata 30 puntos. 
d) Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prazo de execución fixado no proxecto.
e) As ofertas que non presenten redución de prazo obterán 0 puntos.
f) Para as ofertas restantes os puntos obteranse a través dunha regra de tres simple directa.
 
Nota: Os trámite de apertura da documentación queda supeditada á recepción do informe favorable da Comisión Territorial do Patrimonio para a realización do control de arqueolóxico.
 
Cambados, 20 de maio de 2016
A ALCALDESA.
 
 
Dª Fátima Abal Roma.
 
INFORMACIÓN:
Servizo de Contratación
contratacion@cambados.es
Teléfono: 986520943  Ext. #747 e #755
 
Arquivos adxuntos
 
APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:
Data de inserción do anuncio no BOP: 2 de febreiro 2016.
Data límite presentación ofertas: 17 de febreiro de 2016 inclusive.
 
 
CONCELLO DE CAMBADOS. ANUNCIO DE LICITACIÓN
 
1.- Entidade adxudicataria: Concello de Cambados. Dependencia que tramita o expediente: Contratación. 
 
2.- Obxecto do Contrato: Servizo de reparación e mantemento do equipamento informático do Concello de Cambados.
 
3.- Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.
 
4.- Tipo de licitación: O orzamento máximo de licitación, ascende á cantidade de 10.909,09 euros/anuais, ao que haberá que engadir a cantidade de 2.290,91 euros en concepto de IVE (21%), que deberá soportar a Administración, o que supón un total ascendente de 13.200,00 euros/anuais.
 
5.- Obtención de documentación e información: Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados). Teléfono: 986520943. Correo electrónico: contratación@cambados.es. www.cambados.es  na sección Taboleiro de anuncios poderase descargar a documentación.
 
6.- Requisitos específicos do contratista: Os recollidos na cláusula 14 do Prego.
 
7.- Presentación de ofertas: Prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello. 8.30 a 14.30 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00 (sábados).
 
8.- Apertura de ofertas: Anunciarase na páxina www.cambados.es Taboleiro de anuncios.
 
9.- Gastos do anuncio: Por conta do adxudicatario.
 
Cambados, 21 de xaneiro de 2016.
O CONCELLEIRO DELEGADO DE ECONOMÍA E FACENDA. 
(Resolución Alcaldía delegación competencias do 29/06/2015)
 
D. Xurxo Charlín Trigo.
 
 
 
 
Enlaces

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior