Recentemente veñen de rematarse as obras de "DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (A PEDREIRA, REDUTORES E COVAS DE LOBOS)", subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), foron executadas pola empresa adxudicataria "MARCONSA, S.L.", por un importe de 30.346,44 € (IVE incluído), cunha baixa de 14.838,98 €.
O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.
En Cambados, a 14 de agosto de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.