Recentemente veñen de rematarse as obras de "DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (BLANCO AMOR, A MARIÑA E TRAVESÍA E.P. 9004)", subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), foron executadas pola empresa adxudicataria "MARCONSA, S.L.", por un importe de 21.037,67 € (IVE incluído), cunha baixa de 11.488,23 €.
O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.
En Cambados, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.