Por Resolución de Alcaldía de data 26/07/2017, adxudicouse á empresa "ARINES, OBRAS Y PROYECTOS, S.L.", o contrato menor das obras de "MELLORA DAS PISTAS DE TENIS DE O POMBAL", por importe de 17.742,00 € (Ive incluído), cunha baixa de 2.258,00 € sobre o prezo de licitación (20.000,00 €).

As indicadas obras financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

 En Cambados, a 26 de xullo de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.