Por Resolución de Alcaldía de data 29/06/2017, adxudicouse á empresa "CONTALOCAL, S.L.", o contrato menor de servizo para a realización dos traballos de “TRASLADO DO SERVIDOR DO CONCELLO", por importe de 5.266,05 € (Ive incluído).
O indicado servizo financiarase ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2017.
O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
En Cambados, 22 de xullo de 2017, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.