PUBLICADO ANUNCIO BOPPO 19-XULLO-2017.

Finaliza prazo presentación ofertas 3-AGOSTO-2017

 

1.- Entidade Adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención de información:

a)    Organismo: Concello de Cambados.

b)    Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c)    Obtención de documentación e información:

1)    Dependencia: Secretaría Xeral.

2)    Domicilio: Praza do Concello 1, (36360 Cambados)

3)    Teléfono: 986520943 . Fax: 986524866

4)      Correo electrónico: secretaria@cambados.es

5)    Perfil do contratante: www.cambados.gal Taboleiro de anuncios.

6)    Data límite de documentación e información: 15 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP.

d)    Número de expediente: 2573/2017

2.- Obxecto do contrato:

a)    Tipo: Concesión demanial.

b)    Descrición: Explotación de quiosco na Praza de Fefiñáns.

c)    Prazo: 4 anos.

d)    Admisión de prórroga: non

3.- Tramitación e procedemento:

a)    Tramitación: Ordinaria

b)    Procedemento: Aberto

c)    Criterios de adxudicación: Canon ofertado máis alto

4.- Orzamento base de licitación:

a)    Canon mínimo: 500,00 euros anuais

5.- Garantías esixidas. Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación.

6.- Requisitos específicos do contratista:

a)    Solvencia económica e financeira: Acreditarase mediante calquera dos medios indicados no artigo 75.1 do Real Decreto Lexislativo 3/011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

b)    Solvencia técnica. Acreditarase cunha declaración de medios materiais e técnicos que vaia a contar para desenvolver a actividade.

7.- Presentación de ofertas:

a)    Data límite de presentación: 15 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP

b)    Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Cambados

c)    Admisión de variantes: non

d)    Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 1 mes

8.- Apertura de ofertas: aos 5 días hábiles seguintes ao do remate de presentación de ofertas.

a)    Lugar Salón de Plenos do Concello de Cambados.

b)    Hora: Ás 13:00 horas.

9.- Gastos de publicidade: A conta do adxudicatario ata o limite de 200,00 euros.

10.- Outras informacións: Os interesados poderán inspeccionar o local previa petición.

En Cambados, 6 de xullo de 2017. A Alcaldesa. Dª Fátima Abal Roma.

Enlaces