Pola Excma. Deputación Provincial concedeuse a este Concello, con  cargo ao Plan de obras e servizos (Plan Concellos 2017), Liña 2 Pagamento a acredores de gastos correntes, unha subvención por importe de 34.696,66 €, que foi destinada ao pagamento da factura da Sociedade Galega de Medio Ambiete, S.A., relativa ao tratamento dos resíduos urbanos do mes de xaneiro de 2017.

O que se fai público en cumprimento da Base décimo quinta, das Reguladoras e convocatoria do mencionado Plan de Obras e Servizos, e de acordo co disposto no artigo 8.1. c) da Lei 19/2013, de 9 de novembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

En Cambados, 8 de maio de 2017. O Alcalde Accidental, D. Víctor Caamaño Rivas.