Por Resolución da Alcaldía de avocación de competencias adxudicáronse os contratos seguintes:

- Resolución de data 11/04/2017, adxudícase á empresa "NEXIA INFRAESTRUCTURAS, S.L.U." o contrato das obras de "PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS EN LOURIDO-SARTAXES, CASTRELO", por importe de 16.446,66 € (Ive incluído), cunha baixa de 6.649,39 € sobre o prezo de licitación.

As indicadas obras financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

- Resolución de data 25/04/2017, adxudícase á empresa "GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L." o contrato das obras de "DOTACIÓN DE BIOSAUDABLES AO CARÓN DO PARQUE INFANTIL DE CASTRELO", por importe de 30.809,88 € (Ive incluído), cunha baixa de 19.190,12 € sobre o prezo de licitación.

As obras financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

- Resolución de data 27/04/2017, adxudícase o contrato de "ARRENDAMENTO DE LOCAL INDUSTRIAL NO POLÍGONO DE SETE PÍAS, Local de 1534 m2, parcela nº 52", á empresa VICAR PVC, S.L., polo prezo de 1.770,00 mensuais (Ive excluído), polo prazo de 2 anos, prorrogables por outros 2.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

En Cambados, a 28 de abril de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.