22 HORAS. EXPLANADA DO POMBAL. 

Estabámonos facendo de rogar, pero por fin podemos anuncialo. Xa temos as primeiras datas e nomes da Xira Maxima FM para este verán de 2017. Cada ano, esta festa chega a Cambados da man de Maxima Open Air Tour que leva os mellores Dj´s por toda a península, e este ano non será menos.

Cambados (14 de Agosto), Oviedo (15 de Agosto), Parking de Baqueira (19 de Agosto), Castellón (21 de Agosto), Campello (22 de Agosto), Santiago da Ribeira (23 de Agosto), Osuna (25 de Agosto), Sanlucar de Barrameda (26 de Agosto) e Chiclana (27 de Agosto) serán este ano as localidades que acollan as festas máis movidas e cheas de enerxía deste verán.

E en canto a DJs, en Cambados coa Maxima FM temos este verán un cartelón: 

CAMBADOS. EN CABINA JOSE M DURO, JOSE AM E JAVI SÁNCHEZ. E COMO DJS INVITADOS SUBSHOCK & EVANGELOS / JACK MAZZONI E VICTOR MAGÁN