A Xunta de Goberno Local, en sesión do pasado un de agosto, acordou aprobar as Bases que rexerán a convocatoria pública de subvencións municipais a ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO para o ano 2017. Na súa consecuencia, e en cumprimento do disposto polo artigo 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.


Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder estas subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio de Cambados.

As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo a aplicacións orzamentarias do Orzamento do ano 2017. As transferencias realizaranse a: entidades benéfico-asistenciais, actividades complementarias de educación, entidades culturais, ocio e tempo libre, festas populares e entidades deportivas.

A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, etc.. durante o ano 2017. As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do Orzamento do 2017:

— Transferencias a entidades benéfico-asistenciais, 40.000,00 €:

Van dirixidas a mellorar as condicións de vida dos colectivos mais necesitados, principalmente as persoas maiores, discapacitados, inmigrantes, persoas sen fogar ou en risco de exclusión social, drogodependentes etc.

— Transferencias para actividades complementarias de educación, 5.100,00 €:

 Dirixidas a fomentar as actividades complementarias (a realizar no termo municipal de Cambados) de educación e en xeral, os gastos que respondan de xeito indubidable, a natureza da actividade subvencionada.

— Transferencias a entidades culturais, 5.700,00 €:

Teñen por obxecto financiar as actividades (a realizar no termo municipal de Cambados) de promoción e a participación dos distintos colectivos poboacionais en tódolos ámbitos da vida social e cultural (actos folclóricos e musicais, seminarios, excursións de contido cultural, cursos...)

— Transferencias ocio e tempo libre, 6.200,00 €:

 Dirixidas ó financiamento de actividades (a realizar no termo municipal de Cambados) de fomento da actividade física e de lecer que desenvolvan as asociacións.

— Transferencias para festas populares, 3.000,00 €:

Teñen por obxecto financiar gastos correntes de festas populares que desenvolvan as asociacións (a realizar no termo municipal de Cambados).

— Transferencias a entidades deportivas, 70.000,00 €:

Dirixidas ó financiamento de:

A- Campionatos e eventos deportivos nos que participen ou desenvolvan os clubs ou asociacións que teñan este carácter ou entre os seus obxectivos, considerándose subvencionables os gastos de seguros, arbitraxes, transportes, premios, vestiario, equipamento... e en xeral os gastos que respondan a natureza da actividade subvencionada.

 B- Fomento da actividade física e deportiva.

As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) de onte e remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto. As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

BASES PUBLICADAS NO BOP