A escola de ximnasia rítmica Grand Jeté celebra este domingo 18 de xuño, ás 18:00 horas no Pombal, o seu festival de fin de curso. A entrada ao evento é de balde.

Esta escola foi fundada no 2015 en Cambados, e actualmente imparte clases, entre os 3 e os 15 anos, nos seguintes centros: CEIP de Corvillón, CPI O Progreso de Catoira, CAD Gato Negro de Carril, Dojo Berserkers de Vilagarcía, CEIP viñagrande Deiro, Club de Competición en Cambados e Escolas de iniciaciónen Cambados.