Cambados é desde fai máis de dous anos “Localidade Solidaria co Alzhéimer” e organízanse estas actividades con motivo do Día Internacional do Alzhéimer, que se celebra hoxe, 21 de setembro

Cambados é desde fai máis de dous anos “Localidade Solidaria co Alzhéimer”, segundo o aprobou por unanimidade o pleno da corporación municipal. Por esa razón, véñense desenvolvendo na nosa vila actividades que contribúen a difundir, informar e sensibilizar ao respecto desta grave doenza que afecta a moitos cambadeses e cambadesas.

Entre outras actividades, celebráronse xa charlas informativas para familiares de persoas con Alzhéimer e unha andaina para maiores solidaria co Alzhéimer. Agora, con motivo do Día Internacional do Alzhéimer, que se celebra hoxe 21 de setembro, a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, que dirixe Tino Cordal, organiza unha nova charla sobre esta enfermidade e unha obra de teatro.

A charla informativa sobre o Alzhéimer terá lugar este venres 22 de setembro ás 20 horas no salón de actos de ExpoSalnés e será impartida por Alba Felpete, psicóloga de AGADEA (ASOCIACION GALEGA PARA AXUDA DOS ENFERMOS CON DEMENCIA TIPO ALZHEIMER).

Obra de teatro “Na butaca” da man de ButacaZero


A obra de teatro titulada “Na butaca” será levada a escena este sábado 23 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal A Xuventude. A obra está dirixida por Esther Carrodeguas e protagonizada por Pepa Barreiro. Está producida pola compañía Butaca Zero. A entrada é de balde.

Pepa Barreiro volve ao teatro da man de ButacaZero para levar a escena unha das problemáticas sociais máis presentes na nosa sociedade galega, nomeadamente envellecida: a das enfermidades que teñen que ver coa perda de memoria. O proxecto teatral nace da pluma de Esther F. Carrodeguas, que ven de conquistar ao público con Voaxa e Carmín, aínda en xira, e que agora decide enfrontarse a un teatro social pero de novo poético, para ofrecer unha visión optimista e filosófica arredor dunha problemática tan complexa como son as doenzas relacionadas co esquecemento.

Tanto o texto de Carrodeguas como a súa proposta teatral conquistaron o corazón de AGADEA e tamén da Editorial Galaxia, que decidiu sacar do prelo o libro para facelo coincidir o 21 de setembro, co día Mundial do Alzhéimer. Carrodeguas e Barreiro traballaron xuntas dende o prim

eiro día para conseguir crear un texto que se amoldara perfectamente á poética da escritora pero tamén á potencia escénica da actriz. Decidiron embarcarse neste proxecto xuntas porque ambas tiñan familiares con doenzas relacionadas co esquecemento. Mais reflexionando nas táboas sobre a enfermidade, chegaron a crear un proxecto que en realidade vai máis aló, dando un punto de vista filosófico sobre o vivir no presente, sen a presión continua que adoito sufrimos do noso pasado e o noso futuro: preocupacións, culpas, ambicións… Para o traballo de luz e audiovisual que a proposta escénica requiría, contaron co traballo de Laura Iturralde.

O texto teatral chegará da man de Galaxia a todas as librarías de Galicia, a partir do propio día 21 de setembro. Á venda do libro nos teatros será benéfica, aportando un 20% a FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia). O texto, que é poesía visual ademais de teatro, e que nos fai meternos no pensamento dunha persoa que esquece o seu pasado, o seu futuro, e que así, vive no presente, sen filtros, sen condicionamentos, sen culpa, sen nada. Unha persoa que está, que simplemente: é. E así, podemos rir con ela, chorar con ela, berrar con ela, coller rabia con ela….

 

I SIMPOSIO INTERNACIONAL LGTBI DE GALICIA

 

A concellaría de Igualdade do Concello de Cambados, xestionada pola alcaldesa Fátima Abal, pon en marcha o vindeiro 7 de outubro o I Simposio Internacional LGTBI de Galicia.

Trátase do primeiro encontro destas características que se desenvolve en Galicia, e terá lugar no salón de actos de Exposalnés (rúa da Calzada s/n) a partires das 10 da mañá, con entrada libre.

Ademáis da representación galega e do resto de España, tamén haberá poñentes de Túnez, Eslovenia, Portugal e México. O Concello de Cambados anima á cidadanía a participar en este tipo de eventos e agradece o compromiso das veciñas e veciños na defensa da igualdade e dos dereitos civís.

O programa deste simposio será o seguinte:

 

7 de outubro de 2017

9.45  Recibimento e Acreditacións  

10.00  Inauguración do I Simposio Internacional LGTBI de Galicia. Concello de Cambados 

10.15 Relatorio 1ª. “ A Realidade LGTBI en MEXICO”  a cargo de Enrique Torre Molina. Activista e consultor de inclusión LGBT  ( México)

10.30  Relatorio 2ª. “ A  loita dos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais”  a cargo da Asociación Nos Mesmas ( Vigo)  

10:45 Relatorio 3ª “Reivindicación e  visibilización da diversidade sexual no rural ”   a cargo da asociación Agrocuir ( Comarca da Ulloa, Lugo)

11.00  Relatorio 4ª. “A Realidade Transexual en Eslovenia”   a cargo de Silvia Penide e Eva Matarranz ( Eslovenia)

*Intervención musical da cantante Silvia Penide 

11.30 Descanso-Café  

12.00 Relatorio 6ª “ Asociación de familias de menores transexuais” a cargo da asociación Chrysallis ( España – Galicia)

12.15- Relatorio 7ª “A despenalización da homosexualidade en Túnez”  a cargo de Mounir Baatour, presidente da asociación Shams

12.30- Relatorio 8ª “ A Realidade LGTBI en Portugal”  a cargo do Centro GIS ( Portugal)

13.00  Turno de Preguntas

13.30  Conclusións e debate.

14.00 Peche do Simposio

 

A Concellería e Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa de que o vindeiro luns, día 25 de setembro, abriranse as inscricións para a Escola Deportiva Municipal de Patinaxe 2017/2018. Tódolos interesados deberán de inscribirse previamente na Oficina do Técnico de Deportes, sita no Edificio Multiusos de A Merced, na avenida de A Coruña en horario de 9:30 a 13:30 horas. As inscricións seguirán un rigoroso orde ata esgotalas prazas dispoñibles.

Posteriormente, a monitora encargada da actividade formará os  grupos e dará toda a información necesaria ós pais/nais/titores dos alumnos inscritos, sobor de cómo se desenvolverá a actividade. Posiblemente a actividade se desenvolva no mesmo lugar (pavillón do IES Francisco Asorey) e hora da pasada edición (16:30 a 18:00 horas).

A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Cambados, xestionada pola concelleira María Xosé Cacabelos, pon en marcha  en colaboración coa nova empresa da recollida do lixo, un servizo gratuíto para comercios e empresas de recollida de cartón porta a porta.

Trátase dun servizo  ao que poden optar empresas, industrias e comercios (bares, cafeterías, estancos, farmacias, imprentas librerías, moblerías, peluquerías, etc.) pequenos, medianos e grandes. O obxectivo é facilitar  os labores de recollida e  reciclaxe de cartón ao tempo que se evita o desbordamento dos contedores destinados a ese material, que poidan dificultar o uso dos mesmos por parte de cidadáns particulares.

A partir deste martes, 19 de setembro, os establecementos comerciais de Cambados disporán dun novo servizo de recollida de cartón.   A recollida realizarase dous días á semana -martes e venres-  nos establecementos. O horario  será  das 10:30 horas ata as 14:00 horas.

O funcionamento deste servizo, ten unha metodoloxía moi sinxela que se describe de seguido: “Os comerciantes depositarán no interior (a man) ou na porta de acceso aos seus negocios, sen obstruir o paso aos peóns, os residuos de papel-cartón que deberán estar pregados, apilados e atados, á espera de que un camión pase a retiralos entre as 10.30 e as 14.00 horas aproximadamente”.

Aínda que o servizo bota a andar con  arredor de 60 comercios e empresas de Cambados que comezarán  a recibir o servizo gratuíto de recollida de cartón a domicilio para a súa posterior reciclaxe, dende a Concellaría de Medio Ambiente ínstase aos empresarios que poidan facer uso deste servizo a que se impliquen nesta iniciativa, xa que coa colaboración de todos e todas conseguiremos unha vila máis limpa e melloraremos a imaxe das nosas rúas, ademais de contribuir á melllora do medio ambiente asegurándonos que o cartón e papel que xeramos coa actvidade comercial se recicle de forma axeitada.

Para máis información, poderán poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Cambados (telf. 986520902 ext 746 / rúa Ourense, 8, 1º andar).


O próximo martes día 19 de setembro vaise celebrar o Taller de Ideas de Candieira no Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa (Pazo Vista Real Lugar de Boutrín,s/n 36629 Vilanova de Arousa) desde as 16 ata as 20 horas.

Nel buscase que xurdan ideas e iniciativas, tanto económicas como asociativas que poñan en valor o papel das mulleres do mar. 
 
Animámoste a que participes e que divulgues esta información. 
Arquivos adxuntos

BASES QUE REGULAN A PARTICIPACIÓN NOS CURSOS DIRIXIDOS A MULLERES DO MAR, MOZAS/MOZOS DO SECTOR PESQUEIRO E CARPINTERÍAS DE RIBEIRA PARA AUMENTAR AS COMPETENCIAS NO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO GALP RÍA DE AROUSA

 

 

OBXECTIVO

Mellorar as compotencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.

 

DESTINATARIOS

 

-Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.

-Xoves, ata 35 anos, profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.

-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.

 

CALENDARIO E SEDES

 

Fase presencial

 A data de realización do curso presencial será o 20 de setembro e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20.  O lugar de celebración será  a Aula de seminarios de FEXDEGA, Avd. Rodríguez Mendoza s/n, Vilagarcía de Arousa.

 

Fase personalizada

O curso ten un carácter eminentemente práctico e se realizarán sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.

 

PRAZOS E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 18 de setembro ás 23:59 h.

As solicitudes deberán ser feitas remitindo o impreso adxunto (asinado, datado e selado) a gac5@accioncosteira.es

 

 

BASES

As bases da convocatoria están publicadas en https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa

Este sábado, a partires das 21:30 h celébrase na sala Exposalnés a inauguración da exposición de Abel Barandela “Luces, Costumes e Viño Tinto”

A mostra poderá ser visitada ata o 15 de outubro.

Ao longo da vindeira semana desenvolveránse as seguintes charlas nas parroquias de Cambados sobre as campañas de control e trampeo do avispón asiático. Todos os propietarios de fincas que posúan árbores froiteiras e queiran colaborar no control desta especie invasora poderán poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Cambados (telf. 986520902 ext 746 / rúa Ourense, 8, 1º andar)

Oubiña: Centro Cultural. Luns 18 ás 20:30h

Vilariño: Casa da Cultura. Martes 19 ás 20:30h

Corvillón. Casa da Cultura. Mércores 20 ás 20:30h

Castrelo: Casa da Cultura. Venres 22 ás 20:30h 

A partir desta tarde poderá ser visitada no salón de Exposicións José Peña (rúa O Borrón, 14) a exposición internacional “Camiños: o camiño, a arte e o viño no Camiño Portugués”.

Nesta exposición, que pon de relevo o estreito vínculo entre a propia ruta xacobea e a cultura do viño, colaboran oito adegas galegas e portuguesas, ademais de artistas como Álex Vázquez, Puri del Palacio, Amelia Palacios, Kuki Pazos, Luz Lafuente, J. María Barreiro, Mario Rocha ou Xulio Xil. A mostra foi inaugurada en Viana do Castelo e recalou tamén na Casa da Luz en Pontevedra.

O acto inaugural celebrarase esta tarde, ás 19:00.

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina