Ledicia en Cambados tras conseguir que a vila do Albariño sexa a Cidade Europea do Viño 2017.

O xurado de Recevín foi unánime ao decantarse pola candidatura cambadesa, que deixou atrás as súas tres grandes competidoras: Vilafranca do Penedés, Aranda de Duero e A Palma do Condado.

Segundo as explicacións da corporación municipal, foron as presentacións do proxecto e, sobre todo, o vídeo elaborado por Juan Galiñanes, o que fixo que o xurado o tivera claro.

Agora, o Concello comezará a traballar no proxecto e nas 80 actividades que o integran.

Unha das primeiras citas será Fitur ao tempo que se buscan xa a financiación económica para sacar adiante o programa.

De principio, o goberno local quere contar con hosteleiros e comerciantes da vila para que participen nas actividades.

 

Imaxes