A presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que "esta actuación, que contribúe a desestacionalizar o turismo nas Rías Baixas, pretende difundir o enorme valor cultural que teñen estes espazos"

Carmela Silva deu a coñecer esta mañá a nova iniciativa titulada "Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos" que a Deputación de Pontevedra vai poñer en marcha para desestacionalizar o turismo na provincia. "A través desta acción singular – asegurou Silva – pretendemos ofrecer alternativas que se afasten dos estereotipos do noso destino porque o noso obxectivo é amosar toda a realidade e potencialidade das Rías Baixas".

Ao respecto, a presidenta provincial asegurou que o "turismo de cemiterios está despuntando desde o ano 2015 debido ao grande valor que teñen estes espazos e a súa carga histórica. Así, o Consello de Europa recoñeceu, no ano 2010, como itinerario cultural unha Ruta dos Cemiterios Europeos". Por este motivo, tal e como manifestou Silva, a institución provincial vai levar a cabo unha acción promocional de divulgación de seis cemiterios singulares da provincia de Pontevedra entre os que se atopan Santa Mariña de Dozo (Cambados), o Cemiterio dos Ingleses (Vilagarcía de Arousa), o de San Mauro (Pontevedra), Pereiró (Vigo), Eidos (Redondela) e Arcos de Furcos (Cuntis).

Máis polo miúdo vaise a desenvolver unha campaña de promoción dos cemiterios singulares da provincia de Pontevedra a través da páxina web de Turismo Rías Baixas e das canles do organismo nas redes sociais, poñendo en valor todas as accións turísticas que os propios concellos están impulsando para poñer en valor estes espazos. Esta acción de divulgación se completará coa visita ao cemiterio de Santa Mariña de Dozo, o vindeiro sábado 21 de outubro ás 18.30 horas, onde, tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, "faremos unha visita guiada antes dun concerto no Auditorio de Cambados do grupo Cómplices, co nome de "Claves líricas", ás 20.00 horas, no que o grupo interpretará unha sembranza musical e poética sobre o poeta Valle Inclán". Carmela Silva explicou que a razón de escoller Cambados é porque no cemiterio de Santa Mariña de Dozo está enterrada a nai e tamén un dos fillos de Valle Inclán.

Sobre o espectáculo musical, a presidenta provincial informou que Teo Cardalda musicou un total de once poemas de Valle Inclán nun proceso que durou dous anos e para o que Cómplices contou coa colaboración de Javier del Valle Inclán, un dos netos do escritor. O resultado, tal e como adiantou Silva, "é un espectáculo de preto de hora e media de duración con música, poesía e proxeccións".

A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer tamén as razóns polas que estes seis cemiterios forman parte da campaña "Visitas singulares Rías Baixas: cemiterios históricos". Máis polo miúdo, o cemiterio de Santa Mariña de Dozo, declarado Monumento Histórico Artístico desde 1943 e incluído na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa, conta no seu interior coas ruínas dun antigo templo do século XV de estilo "gótico mariñeiro", sen teito, no que se poden contemplar os seus arcos, esculturas con representacións de escenas bíblicas, etc.

No caso de Pereiró, o camposanto máis extenso de Vigo, é coñecido polas súas esculturas, mausoleos así como por un coche fúnebre dos anos 30 en moi bo estado de conservación. Entre as esculturas, ten especial valor a dedicada a Concepción Arenal, modernista, obra do arquitecto Manuel Gómez Román; ou tamén o mausoleo dedicado aos soldados que morreron en Vigo tras ser repatriados de Cuba e Filipinas. Amais, aquí están soterrados o heroe da Reconquista Cachamuíña, o marqués Fernando Quiñones de León ou o ministro José Elduayen Gorriti.

Pola súa banda, o cemiterio de San Mauro en Pontevedra, obra de Alejandro Rodríguez Sesmero, o arquitecto artífice do Pazo da Deputación, conta no seu interior coa igrexa románica de San Mamede de Moldes, mausoleos como o de Ramiro Trapote, o do poeta Andrés Muruais ou os bustos de Eduardo Vicenti e Dolores Montero. Ademais, o panteón da familia Sánchez Cantón, cunha imaxe de San Francisco da desaparecida capela barroca dos Santos de Mollabao, ou o recinto civil no que se atopan enterradas persoas fusiladas no 36, entre elas Alexandre Bóveda.

No caso dos Eidos, Redondela, trátase dun espazo con panteóns de grande valor artístico realizados por canteiros da zona. A súa importancia tamén reside na pegada da emigración indiana e tamén da Guerra Civil, xa que contén unha fosa común na que foron sepultados 42 persoas republicanas, aos que ademais se lles dedica un monumento. Aquí atópase enterrado, entre outras persoas, o heroe da batalla de Ponte Sampaio John O'Dogherty.

Pola súa banda, o cemiterio de Arcos de Furcos (Cuntis) destaca por ser o único cemiterio subterráneo de Galicia. Foi construído nos anos 40 a cinco metros de profundidade porque non existía ningunha parcela axeitada para ampliar o antigo cemiterio da vila, e as veciñas e veciños de Cuntis colaboraron de maneira económica e tamén picando e trasladando granito

Ocupación hoteleira na ponte da hispanidade

A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén deu a coñecer os datos de ocupación hoteleira da pasada ponte que, segundo informou, "foron os mellores resultados dos últimos anos". Ao respecto, Silva asegurou que a ocupación media provincial en establecementos hoteleiros entre o 12 e o 15 de outubro ascendeu ao 85%, doce puntos máis que o ano pasado, e ata o 90% naqueles con instalacións de turismo termal.

Por comarcas, tal e como manifestou a presidenta provincial, O Salnés tivo unha ocupación do 88,16%.  Neste caso, Silva engadiu que "en vilas da comarca, como O Grove, a ocupación chegou ao cheo absoluto, ao 100%, entre outras cuestións pola Festa do Marisco e tamén por ser unha das vilas con grande número de establecementos termais".

A comarca de Pontevedra acadou unha ocupación do 88,67%, O Morrazo do 93,33%, Caldas do 90,30%, Vigo do 91,91%, O Baixo Miño do 68,5%, O Condado e A Paradanta superaron o 88% e Deza e Tabeirós-Terra de Montes rozaron o 68%.

En canto ao turismo rural, Silva tamén amosou a súa satisfacción xa que a porcentaxe chegou ao 70% de ocupación media na provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, O Salnés superou o 70%, Pontevedra o 81%, O Morrazo o 65%, Caldas obtivo o 78%, Vigo o 70%, O Baixo Miño rozou o 85%, as comarcas do Condado e A Paradanta o 44,36% e as de Deza e Tabeirós-Terra de Montes o 55,38%.

Durante a ponte, a porcentaxe maioritaria de persoas que nos visitaron proviña de España (91,4%) e, en concreto, de Madrid, Zamora e Cantabria. O 43% tiñan entre 35 e 40 anos, aloxáronse en hoteis (70%) entre 4 e 6 días e viñeron motivados pola nosa oferta de ocio e a nosa cultura. En canto ás persoas estranxeiras (9%), proveñen, principalmente, de Reino Unido, Arxentina e Alemaña.

 

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Cambados ven de formalizar coa empresa “Formato Verde” o contrato de control e mantemento dos contedores soterrados de Cambados; requisito previo para que poidan ser utilizados para a recollida de lixo. O contrato, por valor de máis de 17.000 euros, comprende a revisión  e posta a punto dos equipos soterrados, así como as pezas en mal estado, os mandos a distancia e os receptores. A empresa fixo a pasada semana unha revisión previa e atopou múltiples carencias e mal estado nos equipos instalados e calcula comezar a próxima semana o arranxo de todas estas estructuras para que no mínimo tempo posible poidan porse en funcionamento de xeito regular.

Así mesmo, a Concellaría de Medio Ambiente, ante a inexistencia de documentación que demostre a  homologación dos contedores soterrados do concello tivo que contratar a unha empresa especializada que realizara a certificación de todos os equipos soterrados de Cambados; tramitación que finalizou esta mesma semana.

Desde a Concellaría de Medioambiente sentimos o trastorno causado a veciños e veciñas pola problemática producida polo lamentable estado no que se encontraban os contedores do concello de Cambados, situación descuberta co cambio da empresa concesionaria de recollida do lixo, e agardamos ter solucionada esta situación neste mes de outubro.

Acompañarannos Teatro Ghazafelhos e a súa obra “Camiñando entre estrelas” o martes 24 ás 20.00 h. no Auditorio Municipal. Para todos os públicos ata completar aforamento. Anteriormente, ás 19.30 h., farase entrega dos premios ós mellores lectores nas categorías infantil, xuvenil e adulta.

Ademáis, nas Axencias de Lectura contaremos co espectáculo “Os Ratiños da caixa” con Trinke Trinke ás 17.30 h.:

Na ALM Vilariño o día 27

Na ALM Castrelo o día 26

Na ALM Corvillón o día 25

E na  ALM Oubiña o día 23

Gozaremos destas actividades subvencionadas grazas ao programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.

Dende a Concellaría de Cultura, Deporte e Ensino do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a participar nestas actividades.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.

O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego:

NEXO ETT selecciona OPERARIOS/AS de manipulación de MARISCO na zona do Grove. Necesario dispoñibilidade inmediata para traballar en turno nocturno e fins de semana. Interesados/as poñerse en contacto co teléfono 986115750 ou enviar CV a administracionc3@gruponexoinfinity.com

 

Arquivos adxuntos

En poucos días todos aqueles veciños e veciñas de Cambados que o necesiten, poderán  ser beneficiarios das axudas para o ensino e o transporte escolar durante este curso 2017-18. Para cubrir ditas axudas escolares o Concello de Cambados destinará unha partida orzamentaria de 18.000 euros.

As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) para remitilas posteriormente á Base de Datos Nacional de Subvencións, quen lle dará de novo traslado ao BOPPO o que implicará un certo retraso para que os veciños/as poidan empezar a tramitar estas axudas. Aínda así, estas bases xa poden ser consultadas no Portal de Transparencia do Concello de Cambados para ir adiantando a tramitación e agárdase estean resoltas dentro dos prazos aproximados do pasado curso.   

Estas axudas que cubrirán, segundo os casos, material escolar e/ou transporte, serán compatibles coas procedentes doutras Administracións que puideran percibirse para a mesma finalidade.

A importante novidade con respecto ó pasado curso é que as axudas ademais de cubrir Ensino  Primario e Secundario (axudas por valor de 125 euros/alumno/a), cubrirán tamén a alumnado con Necesidades Educativas Especiais (150 euros), Bacharelato (125 euros), FP (125 euros), Universidade (150 euros) e Ensinanzas Artísticas Superiores (150 euros).

A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por María José Cacabelos, está organizando unha charla informativa sobre a compostaxe doméstica, que terá lugar en Exposalnés, o vindeiro martes, 17 de outubro ás 19.00h.

Tras a charla, que contará con persoal técnico especializado, farase entrega dos novos composteiros individuais que cedeu a empresa pública Sogama. Esta charla será aberta a toda a veciñanza interesada en coñecer esta práctica, co obxecto de extender a autocompostaxe á distintas vivendas unifamiliares do noso municipio, e de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Coas accións que se levan implantando ata o momento no noso municipio; entre os centros de compostaxe comunitaria, os composteiros individuais, as áreas de reciclaxe selectivas de RAEE, etc.. tense avanzado na concienciación e na información sobre a reciclaxe e a reutilización. Dende a Concellaría de Medio Ambiente, queremos remarcar que é moi importante a redución  dos residuos, xa que só así se logrará unha adecuada xestión do lixo.

Serán xa, con estes composteiros, 105 composteiros individuais entregados á veciñanza das parroquias dende que chegamos ao Goberno. Neste senso, a Concellaría de Medio Ambiente, seguirá  realizando revisións nos composteiros xa instalados para solventar as posibles dúbidas que se puidesen presentar.

 

Na vindeira semana poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “CAMBADOS REXENERACIÓN URBANA E MEDIOAMBIENTAL CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO”, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, con dous módulos formativos, Carpintaría e Xardinaría-Forestal.

Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%, así o Obradoiro para a Mocidade 2015 “Cambados emprego xuvenil” contou cunha ocupación dun 77% de inserción, ou mesmo o Obradoiro “Cambados Turismo Sostible III” que acadou un 73% de inserción, o que demostra o alto indice de inserción dos obradoiros de emprego que se realizarón en Cambados.


Tódalas aquelas persoas que participan no mesmo estaban inscritas como demandantes na Oficina de Emprego de Cambados. En concreto contratouse o seguinte persoal:

1 DIRECTOR

2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos

1 TITOR

1 ADMINISTRATIVO

10 ALUMNO-TRABALLADOR XARDINERIA-FORESTAL

10 ALUMNO-TRABALLADOR CARPINTARÍA

A finalidade deste obradoiro de emprego é por un lado a formación e o emprego dun dos colectivos máis prexudicados pola crise como son os maiores de 45 anos e os mozos e, por outro lado, dar resposta á demanda dos cambadeses tanto do casco histórico como das parroquias do rural e, máis en concreto, dos emprendedores do sector do turismo e do comercio, para mellorar a imaxe patrimonial, cultural e de ocio, fomentando o turismo e facilitando a desestacionalización do mesmo neste Concello.

Rexeneración Urbana e no Rural.

Por outra banda, o Concello de Cambados vai acometer unha serie de actuacións tanto no núcleo urbano coma nas parroquias, así tense previsto realizar un total de seis actuacións/servizo ao longo dos 9 meses de duración do Obradoiro. Ás actuacións deste proxecto van encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos cambadeses e visitantes, dar impulso aos itinerarios artísticos-culturais e apoio ás demandas dos sectores do Concello de Cambados

O Concello de Cambados conmemora, por segundo ano, o Día Internacional da Nena.
Durante esta noite, a fachada da casa consistorial será iluminada en cor rosa fucsia, e mañá, ás 11:00h terá lugar unha solta de globos dourados nos que as nenas e nenos participantes no acto escribirán as súas mensaxes. A continuación, procederase á lectura dun manifesto.

O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego:

 

Posto: Auxiliar Administrativo para deouradora de marisco

Zona xeográfica: O Salnés

Descrición: Tarefas de trazabilidade e realización de albaráns

Requisitos: coñecementos básicos de Contaplus

Contacto: enviar CV a depuradora.rrhh@gmail.com co asunto “auxiliar administrativo”

Leer más ...

Arquivos adxuntos

Cambados acollerá o sábado 14 de outubro o Encontro de Confrarías Gastronómicas e a Festa da Vendima, actividades enmarcadas dentro dos actos da Cidade Europea do Viño 2017.

O evento comezará o venres, cunha recepción, e continuará o sábado durante todo o día, nunha xornada na que os participantes percorrerán o noso casco histórico, así como a ría de Arousa. Despois do xantar, ás 19:00, realizarase un desfile dende a praza do Concello ata a praza de Fefiñáns, onde ás 20:30 dará comezo a Festa da Vendima.

Unha festa que contará coa entrega de premios a varios viticultores, así como coas actuacións da Banda de Música de Castrelo, Manso e Amigos, Xaquín xesteira, Rosa Cedrón, Teatro no Garaxe e Pepo Suevos.

 

 Ir a la página seguinte Ir a la última página