Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    Ofertas de emprego

    A cámara de comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía informa das seguintes ofertas de emprego:

     

    Técnico/a de área IT

    -Descrición: Empresa adicada aos servizos de enxeñería e ubicada en Vigo busca un/a técnico/a de área IT. Reportando directamente á dirección de operacións, traballará activamente na implantación e desenvolvemento dos sistemas e tecnoloxías da información da empresa, e participará no desenvolvemento da súa área de servizos TIC.

    -Requisitos: Programación bases de datos, seguridade informática, desenvolvemento de plataformas web.

    -Titulación requirida: Informática (Grado ou FP Grado Superior)

    Xornada completa. Valorable carné de conducir e vehículo propio.

    -Contacto: enviar C.V. a empleo@camarapvv.es co asunto “Técnico/a de área IT”

     

    Responsable de departamento informático, software e redes

    -Descrición: Empresa ubicada na comarca do Salnés busca incorporar un responsable para o seu departamento informático. Ofrécese contrato temporal a xornada completa con posibilidade de desenvolvemento de carreira profesional en departamento estratéxico.

    -Tarefas a realizar: Planificación, xestión e administración dos recursos tecnolóxicos da empresa, mantemento dos sistemas e redes de información da empresa, execución e supervisión de procedementos específicos, soporte técnico, apoio a outros departamentos mediante ferramentas Access e Excel e similares.

    -Requisitos: Formación académica: estudos mínimos formación profesional grado superior de informática, coñecementos requiridos: hardware, soporte técnico, Windows 7/10, Windows Server, dominio MS Office (word, excel, access, powerpoint), e sistema de xestión de base de datos Oracle, experiencia laboral: entre 2-5 anos resolvendo incidencias de todo tipo: Contrato laboral: temporal a xornada completa con posibilidade de desenvolvemento de carreira profesional en departamento estratéxico, residencia na comarca do Salnés. Competencias do posto: capacidade de análise, imprescindible excelente orientación ao usuario, resolutiva, capacidade de toma de decisións, expresión e comunicación de forma efectiva, tanto oral como escrita, elaboración de informes técnicos, analizar e comprender situacións complexas. Creatividade e iniciativa.

    -Valorarase: diplomatura en enxeñería informática, coñecemento de sistemas de xestión EPR, tipo SAP, AS400, JDE, DYNAMICS, alto nivel de usuario e programador en entorno Access, Excel e en xeral de sistemas de bases de datos.

    -Contacto: enviar C.V. a empleo@camarapvv.es co asunto “responsable de departamento informático, software e redes”

     

    Delegado/a comercial Galicia. Sector alimentario

    -Requisitso: empresa de alimentación busca delegado/a comercial con experiencia no sector, para a venta de vinagres e salsas, en Galicia. Requirese permiso de conducir e vehículo propio. Titulación superior.

    -Contacto: enviar C.V. a empleo@camarapvv.es co asunto “delegado/a comercial Galicia. Sector alimentario”

     

    LER MÁIS

  • Foto da nova

    "Cousas" de Castelao chega a Cambados

    200  nenos e as nenas dos institutos de  Cambados, O Grove, Vilanova e Pontecesures gozarán co proxecto teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia, o mércores día 26 de abril ás 11:30 h no Auditorio Municipal da Xuventude.

    O proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia a partir do libro Cousas de Alfonso Daniel R. Castelao chegará ao Auditorio de Cambados  o mércores 26  de abril ás 11:30 h..  200 nenos e nenas dos Instituto IES Ramón Cabanillas, Ies Asorey, Ies Monte da Vila, Ies de Vilanova e CPI de Pontecesures  achegaránse a este clásico da literatura galega.

    Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado, pero que ten moito de global e de atemporal. 

    A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. Aparecen en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante" que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a vergoña era peor que a fame, un tema, o da caída económica, que resulta familiar en tempos de crise. E así outros moitos relatos que aparecen en escena mesturados con pinceladas sobre o propio Castelao, para facer así unha representación dinámica, educativa e entretida.  

    60 minutos para achegar ao público máis novo, e non só, a unha das obras sobranceiras da literatura galega, e tamén ao seu autor, Castelao, un dos grandes renovadores da nosa prosa e tamén un dos que mellor entendeu e representou o pobo galego.

    Baseada na coñecida obra do escritor Castelao, será representada, na adaptación proposta por Os Quinquilláns Teatro, en máis de 50 localidades de toda Galicia. Esta cifra aumenta día a día ao sumárense novos lugares que queren levar a montaxe aos centros de ensino e, así, achegarlle ao alumnado dunha maneira diferente a lectura desta obra de referencia. Os Quinquilláns xa percorreron Galicia o curso pasado coa peza O espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que viron case 20.000 rapaces e rapazas de toda Galicia.

    Cousas é a creación máis orixinal que nos deixou Castelao. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, o de Rianxo inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única e agora tamén da súa representación en escena.

     



    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.