Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    A XIII Exaltación da Vieira converte a Cambados na capital do prezado molusco

    O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o patrón maior en funcións da Confraría San Antonio, Benito González, o presidente da asociación de comerciantes Zona Centro, Juan Rey, os restauradores Tonino Botana e Manolo Ribadomar, e unha representante da asociación Guimatur, presentaron en rolda de prensa a decimoterceira edición da Exaltación da Vieira, que acadou o pasado ano a cualificación de interese galego e vaise  celebrar esta vindeira fin de semana en Cambados.

    LER MÁIS

  • Foto da nova

    La LXII Festa do Albariño innova con un ciclo de cine gastronómico y enológico

    La Gala del Albariño reúne a Café Quijano y Edurne. El cartel de conciertos se completa con Kiko Veneno, Iván Ferreiro, Delafé y Las Flores Azules, y Juan Magán.

    El ciclo Vinéfilos, que exhibe producciones nacionales combinando cine, gastronomía y enología es una de las grandes novedades del programa de la LXII Festa do Albariño, que ha presentado esta mañana el alcalde, Luis Aragunde. Los aficionados podrán disfrutar del largometraje "18 Comidas" del gallego Jorge Coira, así como de los documentales "Dieta Mediterránea" de la catalana Carmen Ruscalleda, y "Mugaritz BSO" de los vascos Andoni Aduriz, Juantxo Sardón y Felipe Ugarte.

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.